“Qué cabe nunha canción?”, pregúntase David Martínez Álvarez, máis coñecido como Rayden, ao comezo de “Homónimo”, o seu sexto disco de estudo. Unha fodida pregunta á que lle seguen unha morea de respostas que só ao artista madrileño se lle poderían ocorrer. Aínda que podería dicirse que o disco enteiro é a procura constante dunha resposta a esa pregunta e a moitas máis; aínda que se algo lle quedou claro ao artista neste tempo, é que a canción é o maior homónimo que existe, porque una mesma canción pode ter distintas lecturas e distintos significados, dependendo da persoa que a escoite. Ou a oia.
A conceptualidade artística é algo moi vixente hoxe en día, pero pódese dicir que ninguén tratou o tema como o fixo Rayden, xa que “Homónimo” pecha a súa segunda triloxía, pero á súa vez pecha unha hexaloxía que pretendeu ir de dentro cara a fóra, do continente ao contido; e coa que procurou poñer en valor a palabra como forza unificadora dun todo, dunha maneira única e difícil de cualificar.
Sonoramente falando, “Homónimo” é un disco que soa orgánico porque foi concibido así na cabeza do propio artista e é algo ao que Paco Salazar, aos mandos da producción de moitos dos temas do disco, achegou o seu granito de area mesturando o análoxico e o dixital como só el sabe facer. A versatilidade sonora que caracteriza a Rayden, quedou máis patente que nunca, creando unha sensación de exclusividade que o diferencia do resto e marca o territorio no que se move desde fai annos. Ademais, as colaboracións de Alice Wonder, Sebastián Cortés, Ciudad Jara e Fredi Leis, puntas de lanza dentro de cada un dos seus estilos, achegan o frescor necesario para que as cancións sexan elevadas ao seu máximo expoñente.
Tendo en conta todo isto, poderíamos analizar a carreira de Rayden coa perspectiva que só o tempo nos dá e daríamonos de conta de que pode parecer que todos os pasos a seguir estiveron moi claros na folla de roteiro do artista. Facéndoo e vendo o punto óptimo de madurez que alcanzou con “Homónimo”, poedríamos dicir que o éxito que cultivou e segue cultivando, non foi nin é froito da casualidade, podendo facernos pensar mesmo que todo o previo a “Homónimo” foi un adestramento para alcanzar o cumio no seu empeño pola procura do seu santo graal: a canción perfecta.
E eu pregúntome, qué cabe en cen cancións? Probablemente, toda unha vida: a vida de Rayden.