O RECOÑECIDO ARTISTA E PRODUTOR E A INTEGRANTE DE TANXUGUEIRAS AVANZAN UN NOVO TEMA DO SEU EP DEBUT, UN FINAL, QUE VERÁ A LUZ A MEDIADOS DE MARZO

Gala i Ovidio © Beto Pinto
Gala i Ovidio © Beto Pinto

Gala i Ovidio, o novo proxecto musical que une a Raül Refree, prestixioso músico e produtor, e Aida Tarrío, compoñente do recoñecido grupo Tanxugueiras, continúa dando os seus primeiros pasos.

Tras a gran acollida de De maio a abril, primeiro adianto do seu EP debut Un final, agora presentan Cara o mar, o seu segundo sinxelo. Este será o último avance antes da estrea do EP, que verá a luz a mediados de marzo.

Sobre este novo tema, os propios artistas explican: Cara o mar, do mesmo xeito que o resto de cancións que formarán este EP, trata sobre a perda ou o final dunha relación, neste caso a canción narra os distintos baleiros que deixa unha persoa que xa non está no fogar onde se conviviu. Ecos e resonancias dunha presenza invisible en distintos espazos da casa, desde o oco do sofá á cociña que “hoxe mide un pouco máis”; unha enumeración emocionante e sentida que homenaxea aos que se foron e fálanos de como o que non vemos é ás veces máis potente que o que alcanzamos a ver. A canción, de tempo lento e intimista, empeza na nudez dunhas notas de baixo para ir creando unha atmosfera envolvente e profunda, acústica e textural, onde os ecos de pandeiretas afastadas resoan como o espectro dun barco que se afasta e as voces resoan nítidas e poderosas como o fixeron sempre as mulleres nas aldeas.”

Dorothe Shubart e Rosa de Moscoso unidas da man con Oneothrix Point Never e Mustafa nun réquiem do cotián, conmovedor e sentido.  Unha melodía íntima e preciosista que na voz de Aida, sempre emocionante e real, adquire unha dimensión tremenda. Sentimento puro dunha parella que con esta canción Cara o mar móstranos outro rexistro do seu proxecto Gala i Ovidio á espera da saída pronto do seu primeiro EP.

Este novo tema, de esencia minimalista e íntima, foi composto e escrito por ambos os artistas, deixando patente que a día de hoxe son dous dos grandes talentos da música actual. Sen perder a súa identidade e valores, Gala i Ovidio (Raül e Aida) veñen dispostos a experimentar e desdibuxar os límites da experimentación musical.

Portada Cara o mar - Gala i Ovidio
Cara o Mar – Gala i Ovidio

Aida Tarrío

Aida, integrante do grupo Tanxugueiras, é unha artista multidisciplinar que combina o seu talento vocal xunto á súa destreza no baile. Compaxina a súa presenza no grupo máis importante da música galega actual con proxectos persoais que exploran diferentes expresións artísticas. Aida transita con naturalidade entre a música e a danza, sendo intérprete en destacadas creacións escénicas da prestixiosa Compañía Fran Sieira ou xunto ao recoñecido coreógrafo Dani Rodríguez. A súa formación e traxectoria están vinculadas á música tradicional galega, da que é docente e expoñente, levando a súa cultura e tradición ata novos límites.

Raül Refree

Raül Refree é un dos produtores europeos máis aclamados da última década. A súa amplitude estilística e versatilidade leváronlle a ter un perfil que vai desde músico experimental a produtor de estrelas do pop ou compositor de bandas sonoras premiadas, como “La Mesías” ou “Un año, una noche” Interesado desde os seus inicios na renovación da música tradicional, Raül Refree converteuse nos últimos anos no nome de referencia do novo flamenco en España traballando xunto a nomes como Rosalía, Rocío Márquez ou Niño de Elche. O seu álbum con Rosalía, Los Ángeles, foi Disco de Ouro en varias ocasións. Estrelas como Ricky Martin reivindican o seu talento mentres el segue apostando por novos talentos por descubrir, como Rodrigo Cuevas, Guitarricadelafuente ou Maestro Espada.