Os protocolos publicados por redescena para evitar contaxios por COVID-19 tamén son válidos para os festivais de titularidade privada.
Redescena publicou hoxe o “Protocolo medidas operativas y sanitarias COVID-19 para la reactivación de los espacios escénicos de La Red Española de Teatros, Auditorios, Circuitos y Festivales de Titularidad Pública”. Desde Festivais de Galicia consideran que estes protocolos poden ser aplicados polos festivais de titularidade privada, para os efectos das medidas que cada organizador ten que implementar no seu festival. Xa que os protocolos aprobados contan co respaldo do Goberno de España, Festivais de Galicia considéraos válidos para todos os efectos, conforme á lexislación vixente.
Aproveitando esta publicación, Festivais de Galicia publica un documento de avaliación previa que pode ser empregado por todos os festivais, asociados ou non a Festivais de Galicia ao que podes acceder na ligazón.
Ademais Festivais de Galicia distribuirá entre os seus asociados varios documentos que adaptarán e mellorarán o establecido nos protocolos de Redescena para a prevención de contaxios entre o público, así como varias guías de actuación ante contaxios e responsabilidades.