Esta edición limitada, cun deseño espectacular, xa se pode reservar na casadeldisco.es

“Diluvio” de Taxungueiras, en edición vinilo, estará dispoñible a partir do 10 de marzo na Casa do Disco. Trátase dunha edición limitada cun deseño espectacular. Un vinilo transparente de 12 pulgadas e funda gatefold con un insert de 4 páxinas.

Pódese reservar xa na casadodisco.es.

O terceiro disco de Tanxugueiras, da man da discográfica Calaverita Records, está composto por 10 temas nos que as pandereteiras cuestionan crenzas e presuntas culpas para reformulalas como leccións vitais. Un disco cun son novo que achega a música de raíz e tradicional aos novos ritmos urbanos. ‘Terra’, un dos sinxelos do disco, alcanzou o sinxelo de ouro.

Operación financiada pola Unión Europea, a través de FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL (FEDER), como parte da resposta da Unión á pandemia do COVID-19