David Bisbal, Maria Becerra, Juan Magán, Nathy Peluso, Ana Mena, Luck Ra, Nil Moliner, Natalia Lacunza, Lucho RK, Walls e Hens lideran un cartel que reunirá durante dúas xornadas a algunhas das principais figuras da música mainstream, a música urbana e os sons latinos os próximos 17 e 18 de xullo no Parque de Tafisa.
- BIGSOUND Pontevedra presenta os horarios oficiais e o mapa completo do recinto cando faltan apenas uns días para celebrar a súa segunda edición.
- A recente incorporación de Walls completa o cartel da segunda edición de BIGSOUND Pontevedra, que unirá o venres a David Bisbal, Juan Magán, Luck Ra, Nil Moliner, Lucho RK, Hens, Despistaos, Mafalda Cardenal, Chema Rivas, Gemeliers, LG1DO e Ele DJ, mentres que o sábado 18 de xullo será a quenda de Maria Becerra, Nathy Peluso (Club Grasa DJ Set), Ana Mena, Natalia Lacunza, Yami Safdie, Walls, Besmaya, Big Lois, Luc Loren e Rager.
- David Bisbal, Maria Becerra, Nathy Peluso, Ana Mena e Luck Ra ofrecerán en BIGSOUND Pontevedra as súas únicas actuacións en Galicia durante 2026, consolidando unha programación irrepetible na comunidade.
- BIGSOUND Pontevedra volverá contar con dous escenarios: Xacobeo 2027 Stage e Pontevedra Stage, ofrecendo música ininterrompida durante máis de dez horas cada xornada.
- O Festival desvela tamén a distribución completa do recinto, con zonas gastronómicas, espazos de descanso, área VIP, puntos de aseo #PonteGuapx e activacións como imagin Music Sessions ou a icónica Calle Havana de Havana Club.
- BIGSOUND Pontevedra está organizado por BIGSOUND e PlayPlan e conta co patrocinio do Concello de Pontevedra, a través da marca turística Visit Pontevedra. O festival conta ademais co apoio da Xunta de Galicia, a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco dos Concertos do Xacobeo, así como coa colaboración de Galicia Calidade e Xacobeo 2027. Así mesmo, conta co patrocinio da Deputación de Pontevedra e Turismo Rías Baixas mediante a marca Rías Baixas Fest. Tamén conta coa colaboración de Carné Xove, Keler, imagin, Havana Club, Gi Group, Renfe, Red Bull, Schweppes, Pepsi, Enterticket, LOS40 e Bono Cultural, unha alianza que reforza a aposta conxunta por consolidar BIGSOUND Pontevedra como unha das grandes citas musicais do verán en Galicia.
A conta atrás para a segunda edición de BIGSOUND Pontevedra xa comezou. Os próximos 17 e 18 de xullo, o Parque de Tafisa volverá converterse no gran punto de encontro da música mainstream, a música urbana e os sons latinos en Galicia. Dúas xornadas que reunirán a algunhas das figuras máis destacadas do panorama nacional e internacional xunto ás novas voces que están a marcar o presente da industria musical.
Tras o éxito da súa estrea, que reuniu a máis de 35.000 asistentes e situou o festival entre as grandes citas musicais de Galicia, e lle valeu o recoñecemento como Best New Festival nos prestixiosos Iberian Festival Awards, BIGSOUND Pontevedra regresa consolidando unha proposta que vai moito máis alá dos concertos. Música, gastronomía, zonas de descanso, activacións de marcas, espazos experienciais e unha coidada oferta de servicios volverán formar parte dunha experiencia deseñada para desfrutar do verán á beira do río Lérez.
Coa recente incorporación de Walls, BIGSOUND Pontevedra completa o cartel definitivo da súa segunda edición. David Bisbal, Maria Becerra, Nathy Peluso, Juan Magán, Ana Mena, Luck Ra, Nil Moliner, Natalia Lacunza, Lucho RK, Hens, Despistaos, Besmaya, Mafalda Cardenal, Yami Safdie, Big Lois, Chema Rivas, Gemeliers, Luc Loren, LG1DO, Rager e Ele DJ conforman un cartel concibido para conectar xeracións estilos e sensibilidades musicais, reafirmando a BIGSOUND Pontevedra como un dos grandes encontros musicais do verán en Galicia.
DOUS ESCENARIOS PARA GOZAR DE MÁIS DE VINTE HORAS DE MÚSICA
A programación de BIGSOUND Pontevedra volverase a desenvolver sobre dous escenarios: Xacobeo 2027 Stage e Pontevedra Stage, concibidos para ofrecer un fluxo continuo de música en directo durante toda a xornada e permitir ao público gozar do festival practicamente sen interrupcións.
A alternancia de actuacións entre ambos os dous escenarios reducirá os tempos de espera e permitirá enlazar concerto tras concerto desde a apertura de portas ata o peche de cada xornada, ofrecendo unha experiencia dinámica e constante para todos os asistentes.
ASÍ SERÁ O RECINTO DE BIGSOUND PONTEVEDRA
UN ESPAZO DESEÑADO PARA VIVIR O FESTIVAL AO COMPLETO
BIGSOUND Pontevedra volverá transformar o Parque de Tafisa nun recinto deseñado para gozar dunha experiencia que vai moito máis aló dos escenarios.
O festival contará con dous grandes escenarios, amplas zonas de restauración, barras distribuídas por todo o recinto, áreas de descanso, servizos sanitarios, puntos de recarga, taquillas, zona VIP, espazos para as activacións das marcas colaboradoras, ademais de servizos adaptados para persoas con mobilidade reducida.
A distribución do recinto foi concibida para facilitar unha circulación cómoda e fluída entre todos os espazos, permitindo alternar concertos, gastronomía e zonas de descanso sen perder detalle da programación.
Ademais, o recinto disporá de diferentes puntos de información e asistencia para garantir unha experiencia cómoda, segura e accesible para todos os públicos. A organización recomenda consultar previamente os horarios oficiais e o plano do recinto para planificar a experiencia e aproveitar ao máximo todas as propostas que ofrecerá BIGSOUND Pontevedra.

ASÍ SOARÁ BIGSOUND PONTEVEDRA
HORARIOS: DOUS ESCENARIOS, DOUS DÍAS, 22 ARTISTAS E MÁIS DE 20 HORAS DE MÚSICA ININTERROMPIDAS
Durante os días 17 e 18 de xullo, Xacobeo 2027 Stage e Pontevedra Stage acollerán unha programación que combinará grandes figuras nacionais e internacionais, referentes do pop e a música urbana e algunhas das propostas emerxentes con maior proxección do momento. Máis dunha vintena de artistas pasarán polos dous escenarios do festival nunha sucesión de concertos deseñada para manter a música en directo desde a apertura de portas ata o peche de cada xornada.
O resultado será un percorrido por algúns dos nomes máis relevantes do panorama musical actual, conectando diferentes estilos, xeracións e sensibilidades nunha edición que volverá converter Pontevedra nun dos grandes epicentros musicais do verán.
O venres 17 de xullo, as actuacións comezarán ás 16:00 horas con Ele DJ, encargada de inaugurar o primeiro día do festival. Ao longo da tarde tomarán o relevo Gemeliers, Chema Rivas e Mafalda Cardenal, tres propostas que representan algunhas das novas voces do pop español, antes da actuación de Despistaos, unha das bandas máis queridas do pop-rock nacional e responsable dalgúns dos himnos xeracionais das últimas dúas décadas.
A xornada continuará con Nil Moliner, un dos artistas máis queridos do pop nacional grazas á enerxía dos seus directos; Luck Ra, fenómeno arxentino que regresa cunha actuación exclusiva en Galicia; e Lucho RK, un dos nomes imprescindibles da nova xeración urbana. A noite alcanzará un dos seus grandes momentos da fin de semana: David Bisbal, protagoniza a súa única data galega de 2026 dentro da súa nova xira, antes de dar paso a Hens e ao gran peche da noite con Juan Magán, pioneiro do electrolatino e autor dalgúns dos maiores himnos de baile en español das últimas dúas décadas.
O sábado 18 de xullo volverá a arrancar ás 16:00 horas cunha programación que combinará pop, música urbana e sons latinos en ambos os escenarios. Rager, unha das bandas emerxentes con maior personalidade da escena galega, abrirá a xornada xunto a Yami Safdie, unha das voces máis prometedoras do pop latino actual, e Big Lois, unha das novas incorporacións do cartel. A tarde continuará con Walls, unha das figuras máis destacadas do novo pop español, e Besmaya, un dos proxectos que mellor representan a nova escena do pop alternativo nacional.
A recta final do festival estará protagonizada por Ana Mena, que ofrecerá en BIGSOUND Pontevedra a primeira e única actuación en Galicia da súa nova xira; Natalia Lacunza, unha das artistas máis persoais da escena pop actual; e Nathy Peluso, que presentará o seu aclamado proxecto Club Grasa DJ Set na que será a súa única actuación en Galicia en 2026. Tras o paso de Luc Loren, a clausura desta segunda edición correrá a cargo de Maria Becerra, “La Nena de Argentina”, que porá o broche final ao festival coa única actuación que ofrecerá este ano en Galicia. confirmando un dos peches máis potentes da historia de BIGSOUND Pontevedra.
MÁIS ALÓ DOS CONCERTOS:
ACTIVACIÓNS, GASTRONOMÍA E ENTRETEMENTO
BIGSOUND Pontevedra volverá amosar que un festival é moito máis que unha sucesión de concertos. Durante toda a fin de semana, o recinto acollerá diferentes activacións deseñadas para enriquecer a experiencia do público e converter cada recuncho do festival nun espazo de encontro, creatividade e entretemento.
Un dos grandes puntos de encontro volverá ser a xa icónica Calle Havana de Havana Club, un espazo concibido para desfrutar do festival desde unha perspectiva máis relaxada e social, con zona de cócteis, áreas chill out e diferentes dinámicas pensadas para os asistentes.
Ademais, Havana Club reforzará o seu compromiso co consumo responsable e o benestar a través da súa recoñecida campaña #DrinkMoreWater, promovendo hábitos de desfrute conscientes durante todo o fin de semana.
BIGSOUND Pontevedra contará tamén coa colaboración de Keler, Red Bull, Schweppes, Pepsi, Donostia 1872, imagin, Renfe, GI Group, Enterticket e LOS40, partners que contribuirán a enriquecer a experiencia do festival a través de diferentes espazos, servizos e activacións distribuídas por todo o recinto.
Xunto a iso, os asistentes atoparán unha ampla oferta gastronómica. zonas de descanso, espazos de encontro e servizos deseñados para desfrutar do festival desde a apertura de portas ata o peche de cada xornada, convertendo BIGSOUND Pontevedra nunha experiencia que vai moito máis aló da música en directo.
Grazas á colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, as persoas titulares do Carné Xove poderán desfrutar dun 15 % de desconto en 300 abonos para BIGSOUND Pontevedra mediante o código CARNEXOVEFESTIVAIS. Ademais, Xuventude estará presente no festival cun espazo propio e actividades para os asistentes.
UN IMPULSO CULTURAL E TURÍSTICO PARA PONTEVEDRA
Tras o éxito da súa primeira edición, BIGSOUND Pontevedra continúa consolidándose como un dos grandes acontecementos musicais do verán en Galicia e como un importante motor de dinamización económica, turística e cultural para a cidade.
Durante dúas xornadas, milleiros de asistentes volverán converter Pontevedra nun dos principais epicentros musicais do norte de España, reforzando a aposta do Festival por achegar as principais xiras nacionais e internacionais a novos territorios e seguir impulsando o talento, a cultura e o turismo a través da música.
BIGSOUND Pontevedra está organizado por BIGSOUND e PlayPlan e conta co patrocinio do Concello de Pontevedra, a través da marca turística Visit Pontevedra. O festival conta ademais co apoio da Xunta de Galicia, a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco dos Concertos do Xacobeo, así como coa colaboración de Galicia Calidade e Xacobeo 2027. Así mesmo, conta co patrocinio da Deputación de Pontevedra e Turismo Rías Baixas, a través da marca Rías Baixas Fest. Tamén conta coa colaboración de Carné Xove, Keler, imagin, Havana Club, Gi Group, Renfe, Red Bull, Schweppes, Pepsi, Enterticket, LOS40 e Bono Cultural, unha colaboración que reforza o compromiso compartido co desenvolvemento de grandes proxectos culturais en Galicia.
As últimas entradas para BIGSOUND Pontevedra continúan dispoñibles a través da web oficial do festival: bigsoundfestival.com.
