O GRUPO GALLEGO PRESENTA PARA ESTE 2025 UNHA XIRA DE SETE DATAS POR SALAS DE ESPAÑA

Caamaño&Ameixeiras comeza este ano 2025 co anuncio dunha xira que levará ao grupoa a percorrer gran parte da xeografía estatal durante a primeira metade do mesmo. Tras o éxito de Catro Cousas, o seu último sinxelo xunto a Rodrigo Cuevas, o grupo máis internacional da escena tradicional galega levará a súa música ata salas de Gandía, Tarragona, Oviedo, Santander, Tafalla (Navarra), Lleida ou Maó (Menorca), nunha xira que conta coa axuda de Girando Por Salas.

Estas sete datas únense ás xa anunciadas anteriormente, onde Caamaño&Ameixeiras dará a saída á súa xira con varios concertos internacionais. As feiras internacionais SQUARE Festival (Barcelos, Portugal) e Babel Music XP (Marsella, Francia), xunto co prestixioso festival folk Celtic Connections (Glasgow, Escocia) onde xa esgotaron as súas entradas, son as primeiras paradas do grupo galego neste ano, que xunto co recente anuncio do festival Festivala: Mulleres Creando (Vilagarcía de Arousa, Pontevedra) configuran o resto de primeiras datas deste 2025.

XIRA 2025

30/01 · SQUARE Festival · Barcelos (Portugal)

01/02 · Celtic Connections · Glasgow (Escocia) [SOLD OUT]

22/02 · Teatro del Raval · Gandía (Valencia) GPS

23/02 · Sala La Capsa de Música · Tarragona GPS

20/03 · Babel Music XP · Marsella (Francia)

11/04 · Sala La Lata de Zinc · Oviedo GPS

12/04 · Sala Café de las Artes · Santander GPS

25/04 · Sala Informal · Tafalla (Navarra) GPS

26/04 · Sala Espai Orfeó · Lleida GPS

30/05 · Sala Es Claustre · Maó (Menorca) GPS

31/05 · Festivala: Mulleres Creando · Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)

ENTRADAS: https://www.caamanoameixeiras.com/

#GPS15 #NosVemosEnLasSalas

MÁIS SOBRE CAAMAÑO&AMEIXEIRAS

Caamaño&Ameixeiras é un dos grandes expoñentes a nivel internacional da nova música tradicional galega. Resignificando a música e o baile de raíz cos sons máis contemporáneos, o dúo está expandindo o seu talento alén das fronteiras galegas. O seu tratamento íntimo e profundo da tradición popular galega está levando a Sabela Caamaño e Antía Ameixeiras a destacar no panorama estatal e internacional. Cunha posta en escena impactante, coidada e atrevida, contan xa con grandes e numerosas actuacións, levando os seus directos a países como Italia, Bélxica, Francia, Portugal, Eslovaquia, República Checa ou Austria. Ademais, as súas cancións acumulan xa centos de miles de escoitas en plataformas dixitais, os seus discos levan miles de copias vendidas e veñen de colaborar con artistas da talla de Rodrigo Cuevas.