Dende PlayPlan damos a benvida a Caamaño&Ameixeiras, un dos grupos de música tradicional galega con maior proxección internacional da escena. Dende xa forman parte do roster da axencia.
Caamaño&Ameixeiras son unha das grandes revelacións dentro da nova música tradicional galega. Resignificando a música e o baile de raíz galegas cos sons máis contemporáneos, o dúo é un dos nomes máis destacados dentro desta nova escena en Galicia. A súa proposta está triunfando alén das fronteiras de Galicia, cun directo impactante, coidado e aacumulando concertos internacionais en países como Italia, Bélxica, Francia, Portugal, Eslovaquia, República Checa ou Austria.
PRÓXIMAS DATAS
15/02 – Barcelona
16/02 – Porqueres (Girona)
02/03 – Oleiros
08/03 – Soutomaior
17/03 – Viena (Austria)
11/04 – Santiago de Compostela
24/04 – Lugo
27/04 – Bruxelas (Bélxica)
28/04 – Wageningen (Países Baixos)
01/06 – Ueckermüde (Alemaña)
Caamaño&Ameixeiras é un dos nomes máis destacados dentro da escena galega. O seu tratamento íntimo e profundo da tradición popular galega está levando a Sabela Caamaño e Antía Ameixeiras a destacar no panorama nacional e internacional. As súas cancións acumulan xa centos de miles de escoitas en plataformas dixitais, os seus discos levan miles de copias vendidas e contan con grandes e numerosas actuacións alén das nosas fronteiras, levando os seus directos a países como Italia, Bélxica, Francia, Portugal, Eslovaquia, República Checa ou Austria.
As artistas galegas inspiraron o seu traballo no universo popular, sendo creadoras dunha atmosfera onde a realidade, a maxia e a relixión conflúen. Nestes últimos anos de carreira, a súa música mudou deses sons alegres e ese carácter colaborativo a un aspecto máis escuro e íntimo, acadando un éxito que as levou a alzarse cun Premio Martín Códax da Música na categoría de Folk, ademais de a tocar en importantes festivais como o Interceltique de Lorient, o Festival de Ortigueira, o Festival Tradicionàrius de Barcelona, o Revenidas ou o Osa do Mar.
Caamaño&Ameixeiras continua neste 2024 a xira de presentación do seu último traballo discográfico, Quitar o aire (2023), onde as primeiras datas anunciadas da xira levarán ao grupo a cidades como Barcelona ou Girona, así como a países como Austria, Bélxica ou Alemaña. Xa teñen pechadas máis unha vintena de datas para este ano que serán anunciadas proximamente.