• Máis de 35.500 asistentes, un impacto económico de 14 millóns de euros e o apoio de público, artistas, institucións e colaboradores consolidan ao festival como unha das grandes citas musicais do verán en Galicia. 
  • David Bisbal, Ana Mena, María Becerra, Nathy Peluso, Luck Ra e Nil Moliner protagonizaron unha edición que volveu converter Pontevedra no epicentro da música en directo. 

A segunda edición de BIGSOUND Pontevedra, celebrada os días 17 e 18 de xullo no Parque de Tafisa, pechou as súas portas superando todas as expectativas e consolidándose como un dos grandes acontecementos musicais do verán en Galicia. Durante dúas xornadas, o festival reuniu a máis de 35.500 asistentes, xerou un impacto económico de 19’5 millóns de euros e mobilizou a máis de 1.500 profesionais, reforzando o seu papel como motor cultural, turístico e económico para a cidade. 

Con 22 artistas, máis de 20 horas de música en directo e unha completa oferta de lecer, gastronomía e activacións, BIGSOUND Pontevedra volveu converter a cidade no punto de encontro de milleiros de persoas chegadas de distintos puntos de España para gozar dalgunhas das xiras nacionais e internacionais máis salientables do momento. 

ASÍ SONOU BIGSOUND PONTEVEDRA 

David Bisbal, Ana Mena, María Becerra, Nathy Peluso, Luck Ra e Nil Moliner protagonizaron dúas xornadas inesquecibles no Parque de Tafisa 

Durante os días 17 e 18 de xullo, os escenarios Xacobeo 2027 Stage Pontevedra Stage acolleron unha programación que reuniu a grandes figuras nacionais e internacionais, referentes do pop e a música urbana e algunhas das propostas emerxentes con maior proxección do momento. Máis dunha vintena de artistas pasaron por ambos os escenarios nun formato que permitiu desfrutar de música en directo de forma ininterrompida durante máis de dez horas cada xornada. 

O resultado foi un percorrido por algúns dos nomes máis salientables da escena musical actual, combinando grandes figuras consolidadas coas novas voces do pop e a música urbana nunha edición que volveu situar a BIGSOUND Pontevedra como unha das grandes citas musicais do verán en Galicia. 

A primeira xornada de BIGSOUND Pontevedra arrincou coa sesión de Ele DJ, encargada de abrir o festival, antes de que LG1DO, unha das grandes promesas da música urbana galega, fixese vibrar ao público cos temas do seu álbum debut Sobresaliente. A tarde continuou coa sensibilidade pop de Mafalda Cardenal, que sorprendeu interpretando entre o público o seu éxito ‘Vete a Luna’, un dos momentos máis próximos e especiais do venres. 

O ambiente seguiu medrando con Gemeliers, que repasaron algúns dos temas que os levaron a conquistar varios discos de ouro, e con Chema Rivas, que elevou o ritmo do festival co seu repertorio de sons urbanos e latinos. En paralelo, o Pontevedra Stage recibía a Despistaos, que volveu poñer banda sonora a toda unha xeración cun concerto cargado de himnos do pop-rock español. 

Un dos grandes protagonistas da tarde foi Luck Ra, que regresou a BIGSOUND Pontevedra por segundo ano consecutivo na que foi, ademais, a súa única actuación en Galicia este 2026. Acompañado pola súa banda, o artista arxentino volveu conquistar ao público galego cunha actuación repleta de enerxía na que non faltaron éxitos como ‘La Morocha’, convertida xa nun dos grandes himnos do panorama latino. 

A recta final da xornada reuniu algúns dos nomes máis esperados do cartel. Lucho RK volveu amosar por que é un dos artistas imprescindibles da nova escena urbana, mentres Juan Magán transformou o recinto nunha gran pista de baile cun repertorio repleto de himnos do electrolatino que fixeron cantar e bailar a varias xeracións. 

A emoción alcanzou o seu punto álxido con David Bisbal, que elixiu BIGSOUND Pontevedra para ofrecer a súa única actuación en Galicia dentro da primeira xira de festivais da súa carreira. O artista almeriense protagonizou un dos momentos máis esperados da edición cun percorrido polos grandes éxitos que marcaron máis de dúas décadas de traxectoria. Desde ‘Bulería’, que interpretou enfundado na bandeira de España, ata clásicos como ‘Ave María’‘Camina y ven’‘Esclavo de tus besos’‘Oye el Boom’‘Lloraré las penas’ ou ‘Dígale’, pasando por cancións como ‘Quién me iba a decir’‘Silencio’‘No amanece’‘Perdón’‘A partir de hoy’ e ‘Si tú la quieres’, o público acompañou cada tema de principio a fin. 

Tras o paso de Hens, que volveu amosar o enorme vínculo que mantén co público máis novo, Nil Moliner foi o encargado de pechar a primeira xornada de BIGSOUND Pontevedra. O artista catalán volveu amosar por que é un dos nomes imprescindibles do pop nacional, transformando o peche do venres nunha auténtica celebración. Cancións como ‘Libertad’‘Soldadito de Hierro’‘Mi Religión’ ou ‘Dos Primaveras’ furon coreadas por milleiros de asistentes nun final cargado de emoción, enerxía e bo ambiente que puxo o broche perfecto á primeira xornada do festival. 

A segunda xornada de BIGSOUND Pontevedra arrincou co talento emerxente da escena galega da man de Rager, encargadas de inaugurar a programación do Pontevedra Stage. Pouco despois, a arxentina Yami Safdie conquistou ao público coa sensibilidade do seu repertorio, mentres Big Lois despregou toda a súa enerxía nun concerto que mantivo o ritmo do festival desde primeira hora da tarde. 

A programación continuou con Walls, un dos artistas máis salientables da nova xeración do pop español, que volveu amosar a conexión que mantén co seu público nun dos concertos máis celebrados da tarde. En paralelo, Besmaya levou ao Pontevedra Stage algunhas das cancións que converteron ao dúo nunha das propostas máis sólidas do novo pop nacional. 

A recta final do festival comezou con Ana Mena, que escolleu BIGSOUND Pontevedra para ofrecer a súa única actuación en Galicia dentro da súa nova xira. A artista malagueña desenvolveu un espectáculo marcado por unha coidada posta en escena, coreografías e un repertorio que percorreu tanto os seus novos lanzamentos como os grandes éxitos que a converteron nunha das grandes referentes do pop español. Cancións como ‘Carita Triste’‘Lárgate’‘A un paso de la luna’‘Música Ligera’‘Madrid City’ ou ‘Las 12’ fueron coreadas por milleiros de asistentes nun dos concertos máis esperados e multitudinarios do sábado, reafirmando a súa posición como unha das artistas máis importantes do pop español actual. 

O protagonismo internacional continuou con María Becerra, que ofreceu en Pontevedra a súa única actuación en Galicia este 2026. A artista arxentina converteu o Xacobeo 2027 Stage nunha auténtica festa cun repertorio cheo de éxitos como ‘Automático’‘Corazón Vacío’‘Miénteme’‘Ojalá’‘Adiós’‘Entre Nosotros’ ou ‘Que Ganas de Verte’, ademais de interpretar algúns dos temas da súa última etapa artística. Milleiros de asistentes acompañaron cada unha das súas cancións, confirmando o enorme vínculo que mantén co público español e o gran momento que atravesa unha das artistas máis influentes da música latina actual. 

Tras o paso de Luc Loren, o broche de ouro á segunda edición de BIGSOUND Pontevedra chegou con Nathy Peluso e o seu aclamado Club Grasa DJ Set, unha proposta exclusiva que fusiona electrónica, hip hop e ritmos latinos nun espectáculo concibido para a pista de baile. A artista arxentina levou a enerxía do festival ata o último minuto cun peche irresistible que converteu o Xacobeo 2027 Stage nunha gran pista de baile, despedindo dúas xornadas de máis de vinte horas de música en directo que consolidan a BIGSOUND Pontevedra como unha das grandes citas musicais do verán en Galicia. 

MÁIS ALÓ DE LOS CONCIERTOS 

Máis aló da música en directo, BIGSOUND Pontevedra volveu ofrecer unha experiencia completa grazas ás súas activacións, espazos gastronómicos e zonas de descanso. La Calle Havana de Havana Club volveu converterse nun dos principais puntos de encontro do recinto, mentres a campaña #DrinkMoreWater promoveu un consumo responsable durante toda a fin de semana. 

O festival agradece tamén a implicación de KelerRed BullSchweppesPepsiDonostia 1872imaginRenfeGI GroupEnterticket e LOS40, así como a colaboración da Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, que volveu facilitar o acceso da xente nova ao festival a través do programa Carné Xove

UN IMPULSO CULTURAL, TURÍSTICO E ECONÓMICO PARA PONTEVEDRA 

Con 35.500 asistentes, un impacto económico estimado de 19’5 millóns de euros e a participación de máis de 1.500 profesionais, a segunda edición de BIGSOUND Pontevedra reafirma o sue papel como un dos grandes acontecementos culturais e musicais do verán en Galicia. 

Dende a organización, BIGSOUND e PlayPlan agradecen o apoio de institucións, patrocinadores, colaboradores, equipos técnicos, profesionais, artistas, medios de comunicación, corpos de seguridade, servizos sanitarios, voluntarios e, especialmente, do público, protagonista do éxito desta segunda edición. 

O festival contou co patrocinio do Concello de Pontevedra, a través da marca turística Visit Pontevedra; o apoio da Xunta de Galicia, mediante Turismo de Galicia e o programa Concertos do Xacobeo; a colaboración de Galicia Calidade e Xacobeo 2027; así como o patrocinio da Deputación de Pontevedra e Turismo Rías Baixas, a través da marca Rías Baixas Fest. A este respaldo institucional súmase a colaboración de Carné XoveHavana ClubKelerimaginRenfeGI GroupRed BullSchweppesPepsiEnterticketLOS40 e Bono Cultural, cuxo compromiso foi fundamental para facer posible unha edición que consolida a BIGSOUND Pontevedra como unha cita imprescindible no calendario musical nacional. 

Unha vez máis, BIGSOUND Pontevedra volveu amosar que a mellor música se goza en comunidade, convertendo a cidade nunha gran festa da música en directo e deixando a lembranza dunha fin de semana inesquecible para o público, os artistas e Pontevedra.