“La Nena de Argentina” únese ao impresionante cartel do festival, que xa conta con nomes da talla de Nicky Jam, Juan Magán, Omar Montes, Amaia, Rels B, Abraham Mateo, Tanxugueiras, Leire Martínez, Cali y El Dandee, La Zowi, Ptazeta, Julieta, DePol, Marc Seguí, Luck Ra e María Escarmiento, entre outros.

Entradas á venda en bigsoundfestival.com

BIGSOUND Pontevedra continúa a consolidarse como o evento musical do ano en Galicia e anuncia a unha nova artista estelar: Maria Becerra, unha das voces máis influentes do panorama latino e figura fundamental do xénero urbano a nivel global, que ofrecerá o seu único concerto en Galicia. O festival desembarca por primeira vez en Galicia coa súa edición inaugural os días 11 e 12 de xullo no Parque de Tafisa de Pontevedra, e faino cunha proposta artística de alto nivel que non deixa de medrar.

Coñecida mundialmente como “La Nena de Argentina”, Maria Becerra incorpórase a un cartel de auténtico luxo, no que xa figuran grandes referentes internacionais e nacionais como Nicky Jam, Juan Magán, Amaia, Rels B, Abraham Mateo, Tanxugueiras, Leire Martínez ou Cali y El Dandee  entre outros. A súa presenza reforza a ambición de BIGSOUND Pontevedra por ofertar unha programación de primeiro nivel desde a súa primeira edición.

Maria Becerra conquistou o panorama latino cunha carreira meteórica que a levou de ser unha creadora de contido en Youtube a converterse nunha das artistas máis importantes do xénero urbano a nivel mundial. Cunha voz inconfundible, unha posta en escena irresistible e un estilo que fusiona reguetón, pop, R&B e sons electrónicos, posicionouse no máis alto das listas musicais internacionais. Desde o seu álbum debut Animal hasta o seu último traballo La Nena de Argentina, demostrou unha evolución artística constante, avalada por millóns de oíntes e múltiples certificacións de ouro e platino en países como España, Arxentina, México e Estados Unidos.

Entre os seus maiores éxitos atópanse “¿Qué Más Pues?” xunto a J Balvin, “Miénteme” con TINI, “Automático”, “Ojalá”, “TE CURA” (parte da banda sonora de Fast X) ou “Corazón Vacío”, temas que superaron cifras millonarias en plataformas dixitais e a converteron nunha das artistas arxentinas máis escoitadas do mundo. Ademais, colaborou con grandes nomes da industria como Enrique Iglesias, Camila Cabello, Rauw Alejandro, Zion & Lennox, Pablo Alborán e Manuel Turizo, consolidando o seu estatus como referente global. O seu impacto foi recoñecido nos Premios Billboard, Premios Lo Nuestro, Latin American Music Awards, MTV MIAW e outros certames internacionais.

A artista arxentina únese así a unha cita que reunirá a grandes iconas da música latina, como Nicky Jam, Juan Magán, Rels B e Cali y El Dandee, xunto a fusión de tradición e vangarda de Amaia e Tanxugueiras. Un dos momentos máis esperados será o debut en solitario de Leire Martínez, exvocalista de La Oreja de Van Gogh, que inicia unha nova etapa artística. O talento feminino brillará con forza grazas a La Zowi, Ptazeta, Julieta e María Escarmiento, mentres que a diversidade sonora estará representada por nomes como Omar Montes, Abraham Mateo, DePol e Marc Seguí. Como broche de ouro, Luck Ra sorprenderá coa súa inconfundible mestura de cuarteto e trap, nunha das actuacións máis especiais do festival.

En 2025, Maria Becerra será unha das grandes protagonistas de BIGSOUND, con actuacións en Pontevedra e unha presentación exclusiva na Comunitat Valenciana dentro de BIGSOUND Valencia. Ambos concertos prometen ser momentos históricos, cargados de enerxía, emoción e conexión cun público que a segue con fervor en cada escenario que pisa.

Organizado por BS Entertainment, promotora fundadora de BIGSOUND, e PlayPlan, BIGSOUND Pontevedra propón moito máis que música: unha experiencia sostible, inclusiva e segura, que impulsa o talento, a economía local e o valor cultural do territorio.

MOITO MOITO MÁIS QUE UN FESTIVAL, MOITO BIGSOUND

Con máis de 250.000 asistentes acumulados nas súas edicións anteriores, e 100.000 novos fans previstos para 2025 entre todas as súas sedes, BIGSOUND celebra o seu quinto aniversario con máis forza que nunca. O festival amplía a súa presenza polo territorio nacional cunha programación de primeiro nivel que reúne ás grandes estrelas da música urbana e do streaming. Consolidado como un dos festivais máis multitudinarios de España, BIGSOUND continúa medrando e afiánzase como un referente imprescindible do panorama musical europeo.

A quinta edición de BIGSOUND Valencia terá lugar os días 27 e 28 de xuño na espectacular Ciudad de las Artes y las Ciencias, reafirmando o seu estatus como o maior evento musical da cidade. Esta edición contará con presentacións exclusivas na Comunitat Valenciana de Ozuna e María Becerra, así como o esperado regreso de figuras emblemáticas do festival como Nicky Jam, Bad Gyal, Juan Magán, La Zowi e Ptazeta. Tamén se suman por primeira vez artistas como Amaia, Nil Moliner, Abraham Mateo e Omar Montes, mentres que o talento emerxente estará representado por Julieta, Belén Aguilera, Figa Flawas, DePol, Mushkaa, Parkineos, Inés Hernand DJ Set e Pignoise. Entre os momentos máis especiais desta edición, destaca o regreso aos escenarios de Leire Martínez, que iniciará a súa carreira en solitario no marco do festival.

A segunda edición de BIGSOUND Sevilla celebrarase o 29 de juño na icónica Plaza de España, como parte do Icónica Santalucía Sevilla Fest. Este ano, Ozuna encabezará un cartel que tamén incluirá os ritmos latinos de Henry Méndez e as actuacións de Abraham Mateo, Mafalda Cardenal e Gynebra, consolidando a presenza de BIGSOUND no sur de España cunha proposta vibrante e de alto nivel.

Con esta expansión a tres cidades chave —Valencia, Sevilla e Pontevedra—, BIGSOUND 2025 reforza o seu papel como un dos festivais de referencia da música urbana, tanto pola calidade da súa programación como polo seu impacto cultural e económico.

Este crecemento vén acompañado de recoñecementos internacionais. Na 9ª edición dos Iberian Festival Awards, celebrada en Portugal, BIGSOUND Festival foi galardoado co premio a Best Live Performance (PT/ES) polo único show mundial de Quevedo en 2024. Ademais, foi finalista en categorías como Best Venue, Best Live Performance, Best Communication & Marketing Strategy, Best Brand Activation, Best Festival Photo e Best Major Festival, tanto por voto do público como do xurado, o que reforza o seu posicionamento como un dos grandes festivais de música urbana de Europa.

Cunha programación equilibrada entre grandes iconas, novas promesas e actuacións exclusivas, BIGSOUND 2025 perfílase como a súa edición máis ambiciosa ata a data. Un festival que non só celebra a música, senon que conecta audiencias de todo o mundo a través de propostas culturais únicas en contornas urbanas singulares.

___ ENTRADAS ___

A conta atrás comezou e a música está a piques de escribir un novo capítulo inesquecible. Non te quedes fora do evento do ano en Galicia. Consegue os teus abonos e entradas en bigsoundfestival.com