Tras posicionarse no Top 5 de festivais de música de Galicia, a segunda edición convertirá a beira do Río Lérez no epicentro musical os días 17 e 18 de xullo de 2026.

Nathy Peluso, Juan Magán, Luck Ra, Ana Mena e Beret, xunto a Natalia Lacunza, Nil Moliner, Besmaya, Despistaos, Lucho RK e Mafalda Cardenal, lideran un cartel que reúne grandes regresos, estrenos exclusivos e novas promesas da música nacional e internacional.

Máis de 35.000 asistentes en 2025 consolidaron a BIGSOUND Pontevedra como un dos 5 principais festivais de Galicia, cun impacto económico de 14 millóns de euros.A

venda xeral de abonos estará dispoñible a partir do luns 22 de setembro ás 12:00h en bigsoundfestival.com.

Comeza unha nova era para BIGSOUND. Tras celebrar o seu V Aniversario en Valencia o pasado xuño, consolidar a segunda edición de BIGSOUND Sevilla e asinar unha estrea inesquecible en Pontevedra, o festival urbano de referencia confirma o seu regreso á cidade os días 17 e 18 de xullo de 2026. Ese mesmo verán acollerá tamén a VI edición de BIGSOUND Valencia (26 e 27 de xuño na Ciudad de las Artes y las Ciencias) e a III edición de BIGSOUND Sevilla, que se celebrará no marco do Icónica Santa Lucía Fest con datas que se anunciarán proximamente. E isto é só o principio: BIGSOUND sumará novas sedes en 2026, reafirmando a súa expansión como referente indiscutible da música urbana en España.

Organizado por BIGSOUND e PlayPlan en colaboración co Concello de Pontevedra, BIGSOUND conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia e os Concertos do Xacobeo. Máis que un festival, BIGSOUND propón unha experiencia sostible, inclusiva e segura que impulsa o talento, dinamiza a economía local e reforza o valor cultural do territorio.

UNHA ESTREA QUE FIXO HISTORIA

A primeira edición de BIGSOUND Pontevedra en 2025 superou todas as expectativas: reuniu a máis de 35.000 asistentes, xerou un impacto económico de 14 millóns de euros e mobilizou a máis de 1.300 profesionais. A cidade abrazou o evento con entusiasmo, converténdoo no maior acontecemento musical dos últimos anos e situándoo no Top 5 de festivais de Galicia.

O debut chegou acompañado dun cartel de auténtico luxo con nomes como Nicky Jam, Rels B, Juan Magán, Omar Montes, Amaia, Tanxugueiras, Leire Martínez, Abraham Mateo, Ptazeta, La Zowi, Luck Ra, Julieta, Marc Seguí, DePol e María Escarmiento, xunto a propostas galegas e emerxentes como Sabela, LODE e Soulmacklein. Unha programación que combinou pop urbano, reguetón, trap e fusión latina, consolidando a Pontevedra como o novo epicentro da música urbana no norte de España.

BIGSOUND Pontevedra desvela hoxe a primeira ronda de confirmacións para 2026, cun line-up tan popular como diverso (A-Z): Ana Mena, Beret, Besmaya, Despistaos, Juan Magán, Luck Ra, Lucho RK, Mafalda Cardenal, Natalia Lacunza, Nathy Peluso e Nil Moliner. A beira do río Lérez transformarase de novo na capital musical de Galicia con dúas xornadas nas que o pop, o urbano e os sons latinos serán protagonistas. E isto é só o principio: o anunciado representa unha pequena parte do enorme cartel de 2026, que aínda garda moitas sorpresas por desvelar, entre elas unha destacada participación de artistas galegos e talento local.

REGRESOS ESTELARES Y VOCES INTERNACIONALES ENCABEZAN EL PRIMER ANUNCIO DE 2026

Nathy Peluso protagoniza unha das grandes exclusivas do verán: o seu concerto será a súa única data en Galicia en 2026. Dona dun estilo que fusiona hip hop, soul, salsa e reguetón, a arxentina afincada en España conquistou a escena internacional con discos de referencia como Calambre e GRASA, ademais de cinco premios Latin GRAMMY® e xiras mundiais que a converteron en icona da vangarda latina.

Juan Magán, pioneiro e embaixador global do electro latino, regresa a Pontevedra tras arrasar na primeira edición de 2025, onde converteu o Parque de Tafisa nunha auténtica pista de baile. Con discos multiplatino e colaboracións xunto a Enrique Iglesias, Don Omar, Nelly Furtado ou Gente de Zona, o seu repertorio de himnos internacionais promete outro estalido de enerxía en 2026.

Luck Ra, fenómeno arxentino do momento, regresa a BIGSOUND Pontevedra tras conquistar ao público no debut de 2025. Con data exclusiva en Galicia, o artista cordobés chega reforzado por éxitos como La Morocha ou a súa colaboración en BZRP Music Sessions Vol. 61, que o catapultaron como unha das estrelas máis virais e prometedoras da nova xeración latina.

Ana Mena, cantante e actriz malagueña e icona do pop mediterráneo, brillou en varias edicións de BIGSOUND Valencia e en BIGSOUND Sevilla, consolidando a súa conexión co festival. O seu concerto en Pontevedra será ademais a primeira data en España da súa nova xira. Recoñecida con galardóns como Mellor Artista ou Grupo en Los40 Music Awards 2023, acumula máis de 55 Discos de Platino e un Disco de Diamante en Francia, xunto a unha exitosa proxección internacional en Italia, Francia e Latinoamérica.

Beret, cantante e compositor sevillano, é unha das voces máis populares da última década grazas a himnos xeracionais como Lo Siento ou Porfa No te Vayas. Tras o seu paso por BIGSOUND Valencia en 2023, regresa agora ao universo do festival para presentar o seu novo álbum Lo Bello y lo Roto (2025). Cun estilo que mestura pop urbano, balada e toques de rap e reggae, o artista chega a Pontevedra nun dos momentos máis importantes da súa carreira.

VOCES DO UNIVERSO BIGSOUND E NOVAS PROMESAS QUE AMPLÍAN O LEGADO DO FESTIVAL

A edición de 2026 recibirá por primeira vez en Pontevedra a dous artistas que xa brillaron en BIGSOUND Valencia. Natalia Lacunza, referente do pop alternativo, consolidouse como unha das voces máis singulares e auténticas da súa xeración, cun estilo que viaxa entre o electrónico e o indie e temas como Cuestión de Suerte ou Tarántula. Pola súa banda, Nil Moliner converteuse nun dos fenómenos do pop español actual, capaz de encher o Palau Sant Jordi e de conectar con públicos de todas as idades con himnos como Soldadito de Hierro ou Libertad. Optimista, luminoso e próximo, o seu directo será outro dos momentos colectivos máis esperados do festival.

Xunto a eles, o espírito descubridor de BIGSOUND suma novos talentos e propostas históricas que debutan en Pontevedra. Besmaya, dúo entre Barcelona e San Sebastián, achegará un pop alternativo cargado de sensibilidade xeracional e xa consolidado en plataformas dixitais. Despistaos, clásicos do pop-rock nacional con máis de dúas décadas de traxectoria e cancións icónicas como Física o Química, regresan con nova música e enerxía intacta. Desde Canarias chega Lucho RK, representante da nova onda urbana, con hits virales que mesturan reguetón, trap e pop melódico. E completa este bloque Mafalda Cardenal, moza alacantina que, con máis de dous millóns de oíntes mensuais e un debut aclamado en 2025, confírmase como unha das grandes promesas do pop español contemporáneo.

Este equilibrio entre artistas que regresan ao universo BIGSOUND e outros que se estrean por primeira vez reforza a esencia do festival: un espazo onde conviven grandes referentes e descubrimentos que marcan o futuro da música.

PREPÁRATE PARA 2026: VENDA DE ABONOS 

A conta atrás para 2026 xa comezou. A música volverá escribir un novo capítulo inesquecible en Pontevedra e ninguén quererá queda fóra do que será, de novo, o gran evento musical do ano en Galicia. Abonos dispoñibles a partir do luns 22 de setembro ás 12:00h en  bigsoundfestival.com.