A ARTISTA MADRILEÑA SEGUE ADIANTANDO OS TEMAS DO SEU NOVO TRABALLO TRAS PUBLICAR CANDLES E FLORECER
A cantante Alizza publica Azul, un novo sinxelo do que será o seu próximo traballo discográfico. Nel, profunda acerca da tristeza e o sufrimento desde a perspectiva de perder a xente que queres e perderte a ti mesmo nese proceso. Un tema cru e sincero que explora unha versión máis poética e sentimental da artista madrileña. Baixo acordes con tensión e coros case chorados, a madrileña construíu un tema afastado das baladas prototípicas, xogando coa incomodidade e a tensión, que é a forma na que ela vive a morte.
Azul bebe dun poemario escrito pola propia Alizza, que primeiro musicou e despois adaptou para expresar con realismo a perda de alguén querido nunha balada contundente. Baixo unha visión na que o amor está presente dunha maneira diferente, que se afasta do amor romántico e toca o amor próximo e cru, a cantante envólvese de sufrimento e melancolía, xogando coa dualidade de perder a alguén e de perderte a ti mesmo nese proceso de dó. O tema vén acompañado dun videoclip que representa ese sentimento de tristeza e melancolía, xogando con tons azuis que lle achegan contexto. Esta peza audiovisual está realizada por Rare Audiovisual e dirixida por Omar Romero, autores tamén do videoclip de Candles e Florecer, no que volven xogar coa contraposición de personaxes novos e adultos para representar o paso do tempo. A participación novamente das actrices Greta Bullido e Carmen Garabán achega unha conexión narrativa entre os tres videoclips publicados ata o momento, adoptando ese rol de representar o pasado e o futuro de Alizza.

Este tema sae semanas despois do anuncio do primeiro concerto desta nova etapa musical da artista madrileña, que terá lugar na sala Siroco, como parte do festival Inverfest, o próximo sábado 31 de xaneiro de 2026. As entradas están xa dispoñibles en https://inverfest.com/events/alizza/.
