ESTE NOVO TEMA É O QUINTO ADIANTO DA SÚA NOVA ETAPA MUSICAL TRAS CANDLES, FLORECER, AZUL E WRONG
A SÚA ESTREA EN DIRECTO SERÁ O PRÓXIMO SÁBADO 31 DE XANEIRO NA SALA SIRCO DE MADRID CON MOTIVO DO FESTIVAL INVERFEST
AS ENTRADAS ESTÁN XA DISPOÑIBLES EN INVERFEST.COM

Se Acabó, o novo sinxelo de Alizza, xa está dispoñible en todas as plataformas. Tras o lanzamento dos seus anteriores singles, Candles, Florecer, Azul e Candles, a cantante madrileña volve rachar os moldes e aposta por unha canción con toques máis experimentais que se afastan do publicado ata o de agora. Cunha temática que xira ao redor do cambio climático, Alizza propón un punto de vista catastrófico, cunha humanidade destruída por mor deste mal que estamos a sufrir na actualidade. Con este criterio, a madrileña pon de manifesto o egoísmo e a ignorancia que nos está a levar a esta situación.
Se Acabó nace no proceso de gravación dun dos primeiros temas publicados por Alizza, The Lake. No estudo, saíu encantada coa ponte do tema publicado en 2021, e extraendo eses acordes comezou o proceso compositivo deste novo sinxelo. Desde as harmonías dun dos seus primeiros temas xorde agora o último dos seus singles, no que se xoga con toques experimentais afastados das cancións e estilos ata o de agora publicados pola cantante madrileña.
Este sinxelo ve a luz xunto a un novo videoclip, realizado por Grey Trash, que estará dispoñible a próxima semana. Contrapoñendo catro realidades diferentes que representan os catro elementos naturais, proponse unha viaxe audiovisual con catro escenarios que colapsan baixo catro catástrofes naturais, e a pesar do esforzo por arranxalo, deriva no colapso total da humanidade. Un punto de vista catastrofista que bebe da temática da canción, poñendo de manifesto a reivindicación da artista madrileña ante un problema real e preocupante que ten que afrontar a sociedade actual.
CONCERTO DE PRESENTACIÓN EN MADRID
Este tema sae a escasas semanas do primeiro concerto desta nova etapa musical da artista madrileña, que terá lugar na sala Siroco, como parte do festival Inverfest, o próximo sábado 31 de xaneiro de 2026. As entradas están xa dispoñibles en https://inverfest.com/events/alizza/.
