Neste tema, enmarcado no latinrap, o artista galego logra unir a dous dos exmíticos Orishas (RuzzoMc e Roldán), xunto a Julio Maloa (La Raíz/Nativa) sobre un ritmo do zaragozano Hazhe.
Dende hoxe podes escoitalo en todas as plataformas dixitais
Sonoridade de alto voltaxe con sabor a verán é o que transmite Aguardiente, novo adianto deSergio Manuel, Ep de García Mc, que verá a luz en 2024. Latinrap con esencias de trap onde o artista consegue unir a dous dos exmíticos Orishas (RuzzoMc e Roldán), xunto a Julio Maloa (La Raíz/Nativa) sobre un ritmo do zaragozano Hazhe (que ten feito de beatmaker con Kase.O, Ayax y Prok, Natos y Waor, Kaze e un longuísimo etc…)para conformar un tema cun ritmo pegadizo e moi bailable. Aguardiente, producido en Pouland Studios por Iago Pico (premiado cun disco de ouro), é tamén unha particular homenaxe de García ao son do disco A lo cubano (Grammy Awards) co que Orishas fixo historia e co que o artista pecha un círculo.
O tema fai referencia á segunda infancia vivida en Cuba, Mozambique e Galicia respectivamente. Ese preciso momento onde lles chega por primeira vez o impulso de querer facer hip-hop, á idade de entre os 7 e os 14 anos. Feito do destino que marcaría por completo ás súas vidas. Tanto Ruzzo Mc en Orishas, como JulioMaloa en La Raíz ou García Mc en Dios Ke Te Crew viviron experiencias extraordinarias na música, pero a pureza daquel instante da infancia no que deciden consagrar a súa vida facendo rap permanece intacto.Aguardiente é a bendición santera de recibir un don e levalo ó mundo representado a través do barrio global de Maputo, La Habana ou Muros, todos unidos polo mar e unidos tamén polo mesmo sentimento hip-hop que transformaría as súas vidas por completo nestas diferentes latitudes.
O tema ven acompañado dun videoclip de Álex Pazos, producido polo propio García Mc e coa coreografía de Rainel Vera, nunha produción de baile de Yelena Molina. Rodouse en Santiago de Compostela e Pouland Studios coa participación de Ruzzo Mc, ex membro de Orishas e Julio Maloa, membro de Nativa e ex membro de La Raíz. Ten cameos de Iago Pico, Roldán, exmembro de Orishas dende París, e tamén do beatmaker Dj Hazhe dende Zaragoza. Danza yoruba e salsa conectan Galicia con Cuba e Mozambique nun videoclip enérxico e cheo de expresividade.
VINDEIRAS DATAS
29/07 • Festival Aturuxo • Bravos, Ourol, Lugo ENTRADAS
24/07 • TBA
23/09 • TBA
26/09 • TBA
Operación financiada pola Unión Europea, a través do FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL (FEDER), como parte da resposta da Unión á pandemia do COVID-19