OS MURCIANOS ESTÁN A CONSOLIDARSE COMO UNHA DAS AGRUPACIÓNS REVELACIÓN DO PANORAMA ESTATAL 

OS SEUS CONCERTOS TERÁN LUGAR O 2 E 3 DE OUTUBRO NA FÁBRICA DE CHOCOLATE E A MARDI GRAS RESPECTIVAMENTE 

CON ENTRADAS ESGOTADAS NA CORUÑA, AS ÚLTIMAS ENTRADAS PARA VIGO ESTÁN Á VENDA EN ENTERTICKET E NA SÚA PÁXINA WEB 

A banda murciana Rata pasará por Galicia coa segunda parte da súa xira Borrachos Tour con dúas paradas que os levarán o venres 2 de outubro á sala La Fábrica de Chocolate de Vigo e o sábado 3 de outubro á sala Mardi Gras de A Coruña. Estas dúas datas serán a única oportunidade de ver ao dúo en salas galegas, tras o seu exitoso paso polo festival Osa do Mar de Burela, onde foron unha das grandes actuacións da edición.  

As entradas para ver a unha das grandes revelacións da escena estatal neste 2026 na Coruña están esgotadas, pero aínda quedan as últimas entradas para o seu concerto en Vigo por 16€  (gastos de xestión incluídos) en enterticket.es e en nomequieromorirnunca.com. 

A agrupación formada por Dani Sabater e Felix Esteban vén de publicar o seu primeiro disco de longa duración, No Me Quiero Morir Nunca, unha celebración á vida ruinosa, contundente e distorsionada no que conxugan o seu pop enérxico envolto en rock desenfadado. Con este traballo baixo o brazo, os de Murcia afrontan un ano no que o seu proxecto está a eclosionar de tal forma que xa formaron parte dalgúns dos carteis dos festivais máis importantes da península, como poden ser o FIB, o Mallorca Live, o Cruilla ou o Cooltural entre moitos outros.  

Con estas datas, a banda eleva a súa xira estatal ata as 40 datas, reafirmando a súa posición como unha das bandas revelación deste 2026.