A BANDA RATA ANUNCIA DOUS CONCERTOS EN VIGO E A CORUÑA NA SÚA NOVA XIRA ESTATAL POR SALAS
OS MURCIANOS ESTÁN A CONSOLIDARSE COMO UNHA DAS AGRUPACIÓNS REVELACIÓN DO PANORAMA ESTATAL
OS SEUS CONCERTOS TERÁN LUGAR O 2 E 3 DE OUTUBRO NA FÁBRICA DE CHOCOLATE E A MARDI GRAS RESPECTIVAMENTE
AS ENTRADAS ESTÁN XA Á VENDA EN ENTERTICKET E NA SÚA PÁXINA WEB

A banda murciana Rata pasará por Galicia coa segunda parte da súa xira Borrachos Tour con dúas paradas que os levarán o venres 2 de outubro á sala La Fábrica de Chocolate de Vigo e o sábado 3 de outubro á sala Mardi Gras de A Coruña. Estas dúas datas serán a única oportunidade de ver ao dúo en salas galegas, uníndose así ao seu xa confirmado paso polo festival Osa do Mar de Burela.
As entradas para ver a un dos grandes fenómenos emerxentes da escena estatal están xa á venda por 16€ (gastos de xestión incluídos) en enterticket.es e en nomequieromorirnunca.com.
A agrupación formada por Dani Sabater e Felix Esteban vén de publicar o seu primeiro disco de longa duración, No Me Quiero Morir Nunca, unha celebración á vida ruinosa, contundente e distorsionada no que conxugan o seu pop enérxico envolto en rock desenfadado. Con este traballo baixo o brazo, os de Murcia afrontan un ano no que o seu proxecto está a eclosionar de tal forma que xa forman parte de algúns dos carteis dos festivais máis importantes da península, como poden ser o FIB, o Mallorca Live, o Cruilla ou o Cooltural entre moitos outros.
Con estas novas confirmacións, a banda eleva a súa xira estatal ata as 40 datas, reafirmando a súa posición como unha das bandas revelación deste 2026.

