NEO PISTEA

Neo Pistea deu un enorme salto de popularidade ao presentar en 2019 unha nova versión do que é considerado o himno do trap en español, “TUMBANDO EL CLUB ( REMIX)”, xunto a algúns dos traperos mais recoñecidos de Arxentina: C. R.Ou, Obiewanshot, Ysy A, Cazzu, Khea, Loito SSJ, Coqeéin Montana, Marcianos Crew & Duki. A canción situouse tamén no top #50 de Genius, a plataforma máis importante de letras de música urbana a nivel internacional. A día de hoxe supera os 145 millóns de views en Youtube e mantén o Platino en streaming en Arxentina.

Neo Pistea Tour

Ademais de realizar diversos shows con ModoDiablo, a súa agrupación xunto a Duki e Ysy A, durante 2019 Neo xirou co ‘Tumbando el Club Tour’, presentándose en España, Uruguai e parte de Arxentina. Tivo varias presentacións destacadas, participando nas dúas edicións do Buenos Aires Trap Festival, cun set que foi un dos shows máis fortes e aclamados, e na edición 2019 do Lollapalooza Arxentina.

Levou toda a enerxía do seu set a Europa e América do Norte, con tres presentacións en España e gravacións en Nova York para as prestixiosas sesións Ctrl de VEVO, (converteuse no primeiro artista latinoamericano en participar das mesmas, e a súa performance de “Criminal” continúa sendo das máis vistas da serie internacional).

Xunto a Sony Music, Neo Pistea lanzou tamén os exitosos tracks “Messi”, “Otra Botella” con Khea, “Ponte Pa Mí” feat. Eladio Carrión e “Verte” feat. Quan, “ Karma”, “Criminal” e o recente “Mario”, ademais de “Non Sigas” xunto a Dante e “5 Stars” de C. Tangana xunto a Duki e o chileno Polimá Westcoast.

Durante o 2020 continuará xirando por Latinoamérica, e chegará a España a primeira quincena de outubro 2020.

Vindeiros concertos de Neo Pistea

X