SES

É o fenómeno dos últimos anos da música galega. E en 2019 continúa na estrada presentando o seu quinto disco tras publicar o anterior, vender máis de 7.000 copias e ofrecer uns 50 concertos por toda a península, con sold-outs en todos os auditorios galegos.

SES regresa cun novo traballo, READMIRANDO A CONDICIÓN, no que fai unha revisión do seu disco de debut para darlle unha sonoridade máis “SESiana”. Nesta ocasión, a diferenza do primeiro disco, a cantautora encargouse ao 100% de volver gravar, a producir e a arranxar todos os temas, que soan agora -en moitos casos- totalmente diferentes e inclúe un novo tema titulado como o disco “Readmirando a condición”.

Readmirando a condición

Cunha carreira que non parou de crecer desde que publicou o seu primeiro disco en 2011, SES triunfou en Galicia e máis aló grazas á súa proposta ecléctica que vai do rock ao blues pasando pola canción de autor latinoamericana, con espazo tamén para a alma de “cantareira” que hai no seu interior.

 Nesta xira, SES interpreta ao vivo os temas de este novo traballo e algúns dos seus temas máis coñecidos dos seus anteriores discos.

Discografía

2011 Admirando a condición
2013 Co xenio destrozado
2015 Tronzar os valos
2016 Opoñerse á extinción
2017 Readmirando a condición