Tanxugueiras | Náutico de San Vicente (O Grove)
06set13:00Tanxugueiras | Náutico de San Vicente (O Grove)
Detalles do evento
? Domingo, 6 de septiembre de 2020⏰Apertura: 13:00h Inicio: 13:30h? Náutico de San Vicente – Playa de la Barrosa s/n San Vicente do Mar, 36988 O Grove, Pontevedra, España
Detalles do evento
? Domingo, 6 de septiembre de 2020
⏰Apertura: 13:00h Inicio: 13:30h
? Náutico de San Vicente – Playa de la Barrosa s/n San Vicente do Mar, 36988 O Grove, Pontevedra, España
Tanxugueiras incrementa as revolucións do folk galego. Co seu disco de debut, un repertorio escollido para amosar a esencia da tradición, Olaia Maneiro, Sabela Maneiro e Aida Tarrío chegaron a máis de 100 escenarios dentro e fóra das nosas fronteiras. Unha aposta sen corsés enchida de virtuosismo e contundencia que continúa no seu segundo traballo, Contrapunto. Un disco que incide na recuperación da tradición das pandeireteiras e a integran con harmonías de diferentes estilos e situar á música galega en novos escenarios. Tanxugueiras son renovación, reinterpretación e revolución para a tradición musical de Galicia.
Novo disco:
A vida ten dúas caras. Ten momentos contrapostos, que saben ás veces doce e ás veces amargo. Unha dualidade inevitable que equilibran con tento e delicadeza, con forza e carácter, as Tanxugueiras. Sangue novo para revitalizar e actualizar a tradición da música oral do país, unha formación que no seu segundo disco consegue dar unha nova vida e un novo significado as coplas que se cantan dende antigo en Galicia. Contrapunto é un disco de dez temas siameses, cinco caras e cinco cruces de diferentes momentos da vida narrados a través das letras que as pandeireteiras mantiveron vivas ata hoxe. Palabras con pasado para describir o presente a través de voces destas tres mozas e de sonoridades de diferentes estilos. Unha proposta que expande as posibilidades da música tradicional e a sitúa a base de forza e empoderamento nos mesmos escenarios que estilos como o pop ou o indie.
O seu segundo traballo, que leva por título Contrapunto, publicouse en novembro de 2019, da man de Calaverita Records e PlayPlan, coa colaboración da Agadic (Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia)» e Xacobeo 2021.
O directo:
Voces, pandeiretas e luz na súa versión máis ousada. O esencial da música tradicional sobre o escenario cunha potencia que só acadan Tanxugueiras. En directo, Olaia Maneiro, Sabela Maneiro e Aida Tarrío, acompañadas das percusións de Isaac Palacín (Berrogüeto, Guadi Galego), conectan co público a través da súa naturalidade e enerxía. A interpretación ao vivo dos novos temas gaña agora en presencia e teatralidade para dar forza ao relato que transmiten as súas letras. E fano sen perder esa ledicia contaxiosa pola que as recoñece o público.
*Obligatorio uso de mascarilla, y distancia de seguridad en caso de no ser convivientes.
* +18 anos
Máis
Tempo
06/09/2020 13:00(GMT+00:00)
Entradas
Compra a túa entradaArtigos recentes
- TANXUGUEIRAS DALLE UNHA NOVA VIDA A MOVEMENTO, A SÚA COLABORACIÓN CON SHINOVA
- PLAYPLAN PRESENTA O SEU NOVO FESTIVAL: BIGSOUND PONTEVEDRA
- HUGO GUEZETA PUBLICA ‘O NOSO TEMPO’, O SEU PRIMEIRO DISCO EN SOLITARIO
- HUGO GUEZETA ANUNCIA A DATA DE LANZAMENTO DO SEU PRIMEIRO DISCO
- HUGO GUEZETA E DAKIDARRÍA PUBLICAN POR SORPRESA A SÚA COLABORACIÓN ‘ARDER’