García Mc & DJ Mil en Cambre

27set19:00García Mc & DJ Mil en Cambre

Detalles do evento

? García Mc: A lingua galega na música rap
? Domingo 27 de setembro
⌚️ 19:00h
?Prada Casares Quirora – A Barcala
(Cambre, A Coruña)

➡️ O concerto comezará ás 19:00 horas e o acceso estará aberto desde media hora antes para evitar aglomeracións. García Mc: A lingua galega na música rap
?️ No caso de que a meteoroloxía non acompañe, trasladarase ao Centro Socio Cultural da Barcala.

? 20 anos de palabra que anda ?
García Mc comeza rapeando letras propias con 13 anos e, ao pouco tempo aínda na adolescencia, pasa a formar parte do proxecto musical rapeiro Ghamberros. É ademais un dos fundadores do Colectivo Hip Hop Dios Ke Te Crew en 2003, iniciativa que alcanza fama xeral en Galicia con motivo dos seus espectáculos en directo e do seu primeiro álbum “Xénese”, 2006, causando un gran impacto na escena, pois foron pioneiros en publicar un LP de rap íntegramente na súa lingua, facendo innumerables concertos en xiras por Galicia, por toda España e incluso na Habana, Cuba.
En 2012, froito do seu movemento vital e atravesado pola súa relación directa coa realidade indíxena Chiapaneca como observador de dereitos humanos, García lanza “Abaixo e de Pé”, o seu primeiro traballo discográfico en solitario. Realizando unha ampla xira de presentación internacional, destacando o seu tour por México, facendo así unha ida e volta artística.
En decembro de 2013 publica “Abaixo e de Remix”, remesturado a cargo dos produtores musicais máis destacados de Galicia, levou o seu rap en galego a lugares como Copenhague, Illas Azores, Lisboa ou Guinea–Bisáu.
Con alma de comunicador, divulgador e embaixador cultural, entende a música como unha ferramenta clave nos procesos de intervención social e ponte entre culturas. É tamén educador independente impartindo obradoiros e conferencias arredor da cultura hip hop desde 2004. Ademais, traballou nun centro de acollida para menores co proxecto social Stalker.
Deixou a súa pegada colaborando en ducias de discos de grupos eclécticos. Musicou poemas de Celso Emilio Ferreiro e formou parte da Banda Fura Fura (Homenaxe a José Afonso). Ata 2016 participou activamente no proxecto de “Foliada Rap and Punk” co grupo Labregos do Tempo dos Sputniks.
A inspiración do vivido no Womex 2016 en Santiago de Compostela, a feira de world music máis importante do mundo fixo que aflorara esta nova idea coa Nación Quilombo.
Unha super-banda rapeira de músicas do mundo.
Desde 2017 fai parte de Xangai, aventura atlántico-mediterránea, actuando por Galicia e Barcelona cos veteranos Xurxo Souto, Nacho Jarbanzo e o escritor Manuel Rivas entre otros, xurdidos do Ateneu Popular de Nou Barris e o vello movemento Bravú.
No 2018 realizou unha viaxe musical por Colombia chea de colaboracións,
gravando con DJ Corpas do famoso grupo Systema Solar para o novo proxecto do produtor caribeño: Electromagnético; tamén coa destacada artista e activista
afrocolombiana Cynthia Montaño e cos caleños Zalama Crew, ademais de participar como pedagogo independente no “Escucha y Rota” iniciativa de traballo social a través da Cultura Hip Hop nos barrios máis desfavorecidos de Cali.
El é García Mc.

#GarcíaMc#PlayPlan

Máis

Organizador

Get Directions