marzo, 2021

27mar19:3020:45Concerto de Travis Birds en FerrolSOLD OUT

Detalles do evento

Protocolo COVID:

Público Asistente

É obrigatorio o uso de máscara durante toda a estancia no Teatro Jofre e no Auditorio de Ferrol.
Quedan exceptuados deste deber os menores de seis anos. Así mesmo, non será esixible o uso da máscara a aquelas persoas que presenten algún tipo de enfermidade ou dificultade respiratoria sempre que se poida ver agravada polo uso da mesma, ou que, pola súa situación de discapacidade ou dependencia, non dispoña de autonomía para quitarlla, ou ben presenten alteracións de conduta que fagan inviable a súa utilización. Neses casos, a persoa deberá levar consigo a acreditación médica da doenza ou dificultade aducida.
Poñerase a disposición do público dispensadores de xel hidroalcohólico con actividade viricida á entrada do espazo.

Acceso

O Teatro Jofre e o Auditorio de Ferrol dispoñerán de itinerarios destinados a dirixir a circulación do público asistente, debendo realizarse o acceso e saída atendendo a estes itinerarios.
A apertura de portas realizarase coa antelación suficiente para permitir un acceso gradual.
A saída producirase de forma graduada, atendendo aos itinerarios previstos.
Antes do inicio do espectáculo, así como á súa finalización, informarase por megafonía das medidas de hixiene, distanciamento e saída graduada do público.

Aforo

O aforo máximo permitido en ningún caso superará o 75% do aforo total dos devanditos espazos, incluíndo no mesmo tanto ao público asistente como aos traballadores e traballadoras propios dos espazos.
Por tanto, o aforo máximo será de:

  • Teatro Jofre: 414
  • Auditorio de Ferrol: 660

En todo caso, e co fin de salvagardar a seguridade nos espazos, a venda de entradas, individual ou en grupo, implicará a anulación das butacas lindeiras -laterais, dianteira e traseira- ás adquiridas, polo que a asistencia real para cada evento virá determinada pola modalidade de compra realizada polo público asistente, en todo caso inferior ao aforo máximo permitido.
Atendendo á evolución da crise sanitaria, e mediante resolución motivada, poderase obviar a anulación de asentos lindeiros ás butacas adquiridas, procedendo á venda das butacas ata a cifra máxima, anteriormente reflectida.

Máis

Tempo

(Sábado) 19:30 - 20:45

Localización

Teatro Jofre

Praza de Galicia, s/n, 15401 Ferrol, A Coruña

X