Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

MicroSonrías Baixas 2020

Xullo 31 - Agosto 1

€15
  • Dous concertos “desenchufados pero amplificados” no Recinto da Estacada e sorpresas musicais en lugares sinalados da vila compoñen a programación alternativa á 18ª edición do Festival SonRías Baixas, que se ía celebrar a primeira fin de semana de agosto en Bueu

  • As persoas que conservaron a súa entrada para o SonRías Baixas 2021 poden mercar dende hoxe o seu pase para o MicroSonRías. O resto do público poderá facelo a partir de mañá xoves ás 12h, na web sonriasbaixas.info, por 10€ a entrada para un día e 15€ o abono para os dous

O venres 31 de xullo o rock de acento flamenco do carismático cantante, guitarrista e compositor de El Puchero del Hortelano, Arco, volverá ao Recinto da Estacada de Bueu, onde estaba previsto celebrar a 18ª edición do Festival SonRías Baixas. O día seguinte, sábado 1 de agosto, será o artista urbano total Rayden o encargado de encher co seu inxenio, tenrura e verbo afiado o oco que deixou no calendario de festivais do Estado o adiamento do SonRías aos días 5, 6 e 7 de agosto de 2021, debido á indefinición das medidas que deben aplicar os grandes eventos musicais na “nova normalidade”.  Estes dous concertos “desenchufados pero amplificados” nun recinto do festival adaptado aos novos tempos e varias sorpresas en espazos singulares da localidade compoñen o MicroSonRías, unha proposta de pequeno formato coa que a organización do SonRías quere recuperar o contacto co seu público, ao tempo que contribúe a limitar o impacto da crise na localidade.

O SonRías Baixas congregou o pasado mes de agosto en Bueu a 22.065 persoas, xerando na comarca un impacto superior ao millón de euros. “Aínda que este verán non poderemos achegar esa riqueza económica e cultural á nosa terra”, lamentan dende a organización, “si que podemos ofrecer a nosa creatividade na forma dunha proposta “micro”, pero moi coidada, adaptada ás circunstancias, que nos permite compartir con parte do noso público o noso amor pola música, sen poñer en risco a súa saúde, nin a dos artistas, nin a do resto das persoas que colaboran co festival, nin a das veciñas e veciños da vila”. “Isto é o máis importante para nós”, conclúen.

As persoas que decidiron conservar as súas entradas para o 18º Festival SonRías Baixas, que se celebrará no verán de 2021, axudando a organización a sobreporse nun momento de gran dificultade, poderán mercar antes que ninguén as 800 entradas do MicroSonRías. O resto do público poderá facelo a partir de mañá xoves ás 12h, na web sonriasbaixas.info, por 10€ a entrada para un día e 15€ o abono para os dous. O evento conta co patrocinio do Concello de Bueu, de Turismo Rías Baixas e Deputación de Pontevedra e de Agadic, Fest Galicia, e Xacobeo 2021, da Xunta de Galicia.

O MicroSonRías redefine, ademais, o concepto de Destino SonRías, conxugando unha programación musical de calidade cunha coidada proposta de ocio activo, gastronómico y natural, profundamente integrada no territorio. Así, algúns artistas visitarán algúns dos espazos máis singulares da comarca, onde ofrecerán pequenas actuacións e probarán algunhas xoias da gastronomía das Rías Baixas.

Detalles

Comezo:
Xullo 31
Remate:
Agosto 1
Custe:
€15
Categoría do Evento:
Páxina web:
https://www.sonriasbaixas.info/

Protagonista

PlayPlan
Teléfono:
[+34] 986 903 509
Páxina web:
https://playplan.es/

Recinto

SonRías Baixas
Rua de Ramon Bares, 42 Baixo, 36930 Bueu, Pontevedra
Bueu, Pontevedra 36930 España
+ Google Map
Páxina web:
https://www.sonriasbaixas.info/