Que é?
CreWorld® non é nada do que coñeces ata ahora.
Non é un lugar. É un MUNDO, sen barreiras e superando limitacións.
Non é só online. É VIRTUAL, recreando unha experiencia real entre os participantes.
Non é un evento. É toda unha EXPERIENCIA, como plataforma de networking, exposición de novos produtos e servizos, formación, debate e iniciativas creativas.
Non é unha feira. É un PUNTO DE ENCONTRO, para recibir a todos os axentes da industria musical.
CreWorld® constrúese para ti
CreWorld® é o primeiro mundo virtual creado para poñer en contacto aos profesionais da música, unha experiencia pioneira dentro do sector e pensada para o seu crecemento.
Un espazo único, especializado e sen fronteiras onde coñecer de primeira man iniciativas nacionais e internacionais. Poñerá en contacto a institucións, marcas, promotoras, managers, artistas, estudantes…que viven da música.
Será un espazo construído entre todos. Unha comunidade online para compartir coñecemento e desenvolver a industria.
Se vives da música, ven a visitar CreWorld.
Unha experiencia adaptada a novos tempos
Esta é a oportunidade para reunir e conectar a un sector cultural con gran capacidade de adaptación e creatividade.
CreWorld® aposta pola transformación dixital e as ferramentas que permitan reunir e conectar aos profesionais da música dunha forma sostible.
Sostible socialmente, facilitando o acceso a todas as persoas que forma ou queren formar parte do sector.
Sostible medioambientalmente, reducindo a pegada ecolóxica que supoñería un formato destas características a nivel global.
Sostible economicamente, creando o encontro máis eficiente do mercado no panorama de profesionais musicais