SonDaRúa

SonDaRúa é un grupo de rap galego, creado en Ponteareas no 2016, formado por Hugo Guezeta, Álex Arnoso e That Bass DJ.
O seu estilo resúmese en rap desenfadado con bastante contido instrumental, transmitindo bo rollo mais cun trasfondo maioritariamente reivindicativo, de crítica social e política. 

Novo disco e xira en 2020

O estilo de SonDaRúa bebe da ironía, da musicalidade e a tradición oral popular galega, combinándoo co hip hop máis reivindicativo, de crítica social e contido político do sistema. 

En 2020 sacarán o seu novo disco e virá acompañado dunha nova xira na que o público poderá gozar do que é, sen dúbida, un dos grupos revelación do rap galego dos últimos tempos.

 

Formación

Hugo Guezeta – Voz
Álex Arnoso – Voz
That Bass Dj

Discografía

Liberando mentes (2018)

Vindeiros concertos de SonDaRúa