SonDaRúa

Xira Despedida Eterno Combate 2022 – 2023

SonDaRúa son un grupo de música urbana no que a  posta en valor da cultura e lingua galega trázase fundamental. A composición das letras, o significado, a capacidade de chegar a públicos de todas as idades con temáticas sociais e a implicación de causas que repercutan positivamente na cidadanía. 

A banda atópanse actualmente en plena Xira, coa que relanzarán o seu último disco ‘Eterno Combate’ (PlayPlan, 2020), presentandoo nas principais salas galegas , pero tamén con parada en Madrid e Barcelona. A resposta do público para as primeiras datas presentadas está sendo magnífica, esgotando as entradas para a última das datas, en tan só unha semana. 

‘Eterno combate’ (PlayPlan, 2020)

O grupo, formado por Hugo Guezeta e Álex Arnoso ás voces e That Bass como DJ, plasma neste traballo o seu estilo, que sempre bebe da ironía, da musicalidade e a tradición oral popular galega, pero combinándoo co hip hop máis reivindicativo, de crítica social e política.

‘Eterno Combate’ trátase dun LP de 12 cortes no que poderemos gozar das colaboracións de Skandalo GZ, Navia Rivas e Ezetaerre. Ademais, e mantendo a liña habitual de SonDaRúa, Eterno Combate é un disco do máis ecléctico no que teñen cabida unha morea de estilos musicais; dende o rap clásico ao máis puro estilo 90’s, pasando polo ska, o rock e chegando aos sons máis característicos do reggae.

No referente á parte instrumental de Eterno Combate, o maior peso da produción recaeu en Álex Arnoso, membro do grupo. Sen embargo, Eterno Combate conta coa participación de distintos artistas do nivel de Peter Petrowski (Ezetaerre), un habitual nos traballos de SonDaRúa, That Bass, actual DJ da banda, quen tamén aportou o seu gran de area musical neste LP, ou Javier Vicalo, produtor da canción que dá nome ao disco nos estudos The Dub Yard. Destaca tamén o gran traballo realizado por Félix Cebreiro en Quela Records, tanto na mestura e masterización dos temas como nos arranxos musicais do disco.

Aínda que a banda non perde en ningún momento a súa esencia subversiva e reivindicativa, en Eterno Combate poderemos atopar temáticas moi diversas entre as distintas cancións que conforman o disco, así como rítmicas e instrumentais cheas de calidade e frescura.

Formación

Hugo Guezeta – Voz
Álex Arnoso – Voz
That Bass Dj

Discografía

Rarerezas | Sinxelo (2022, PlayPlan)

Hardcore Puro | Sinxelo (2021, PlayPlan)

Duro ft O Pirata | Sinxelo (2021, PlayPlan)

Eterno Combate (2020, PlayPlan)
Liberando Mentes (2018)

X