The Son of Wood

SILEE

O artista revelación do xénero urbano galego 

O cantante galego Silee é unha das grandes sensacións do momento no panorama musical urbano. Artífice dunha das cancións máis virais do 2026 en galegoMilajros de Amil, o bueuense transita  de maneira ecléctica e con naturalidade por xéneros como a bachata ou a cumbia entre outros, mesturando e renovando estes estilos nunha proposta que xa está a revolucionar as redes sociais, conectando con novas xeracións de ouvintes. 

A súa frescura musical está a causar sensación dentro dun xénero inmerso nun grande auxe neste ano, emerxendo como unha das figuras máis destacadas do mesmo. Cun forte arraigo á súa terra, o de Bueu busca deixar pegada alonxado das grandes urbes, traballando por volver situar á súa vila e a Galicia no mapa musical actual.  

Con xa dous EPs e un álbum publicados dende os seus comezos en 2023, Silee está inmerso na preparación dun novo traballo discográfico en galego que verá a luz este mesmo ano, e no que Milajros de Amil é a súa carta de presentación. Este novo sinxelo foi unha das grandes sensacións da música en galego no comezo de ano, chegando a acadar máis de cen mil escoitas en dúas semanas. A viralidade deste primeiro adianto foi tal que antes de lanzarse en plataformas o tema xa aparecía en centos de vídeos de distintas redes sociais. 

espírito inquedo e a creatividade do artista galego levárono a autoproducir os seus temas, ao igual que os seus videoclips, reafirmando o seu estatus como artista multidisciplinar. Cos focos postos nel tras a grande repercusión acadada neste ano, o artista traballa para elevar o seu proxecto e talento cara novas cotas.