SABELA
Xira “Hi, My Love Part 2024″
A líder da nova escena pop en Galicia
Sabela Ramil é unha das caras visibles desta nova onda de pop electrónico que triunfa no panorama musical actual. Coas súas tinguiduras animadas e bailables, Sabela converteuse xa no gran alicerce deste xénero en Galicia. As súas cancións acumulan centos de miles de reproducións, conquistando en directo grandes cidades ao longo de España como Madrid, Barcelona, Valencia ou Sevilla entre outras, así como festivais da talla do Festival Noroeste, o SonRías Baixas ou o propio O Son do Camiño. Sabela está mergullada neste 2024 nunha gran xira por todo o país. Ademais, tamén fará oco para levar o seu directo a festivais como os xa anunciados SonRías Baixas e Festival do Pasatempo durante o verán, ao que se lle sumarán máis datas que irá anunciando proximamente. Con todo isto, a finais de ano Sabela presentará o seu novo EP, no que Hi, My Love, publicado en maio deste mesmo ano, é xa o seu primeiro sinxelo. Desta maneira culmina así un ano totalmente prolífico para a de Ourol.