REVOLTA PERMANENT

Rap e electrónica en euskera e en
permanente evolución.

Revolta Permanent son unha formación atípica, que mestura o hip-hop dos MCs Iker Villa e Iker Aginaga coa música de Aitor Abio (instrumentais e teclados) e Mikel Becerra (guitarras), combinando así a agresividade dun rap combativo con elementos electrónicos e industriais.
A maioría do tempo, o resultado leva ao cabeceo frenético, pero non por iso esquecen as melodías, e en ocasións mesmo deixan espazo para a pausa e a reflexión cando é preciso
coller aire. Se en disco xa se percibe a potencia dos seus temas, en directo a sensación multiplícase.

Ultravioleta Tour 2019

En 2018 a banda presentou “Ultravioleta”, o seu ambicioso terceiro disco, que vai
acompañado dun documental e no que cada canción foi producida por un enxeñeiro
diferente, incluíndo a Paco Loco (Nacho Vegas, Triángulo de Amor Bizarro, Mikel Erentxun), Manuel Colmenero (Vetusta Morla) ou Marc Parrot (por cuxo estudio pasaron Alicia Keys ou Enrique Bunbury). É a confirmación dunha traxectoria sempre ascendente e en permanente evolución.

O proceso de creación, gravación e post-produción da obra foi todo unha experiencia tanto para a banda como para os produtores. O resultado, oito cortes tan singulares e distintos entre si como o son aqueles que formaron parte do disco, pero que manteñen en todo momento a esencia de Revolta Permanet e que se reflicte nos seus potentes directos, cargados de enerxía e que sorprenden a quen pode gozalos.

Formación

Iker Villa – Voz
Iker Aginaga – Voz
Aitor Abio – Instrumentais e
teclados
Mikel Becerra – Guitarra

Vindeiros concertos de Revolta Permanent