RAYDEN

Rayden é o artista do momento. David Martínez Álvarez, que é o seu nome real, é alguén que demostrou desde os seus inicios ser unha persoa que sempre vai un paso máis alá do establecido. Encadrado desde un primeiro momento no mundo do rap debido ao seu triunfo mundial na Batalla de Galos, pronto se desfaría desa etiqueta coa sonoridade que adquiriron os seus traballos traspasando as fronteiras e chegando ata o pop. En 2019 lanza “Sinónimo” (Warner Music Spain), que porá (porque xa está ocorrendo) ao artista en lugares insospeitados.

Vindeiros concertos de Rayden

X