PECES RAROS

Conformada e consolidada na Prata (Buenos Aires, Arxentina), Peces Raros é unha banda que se caracteriza polo seu movemento. O seu son, atravesado por sintetizadores, guitarras e texturas electrónicas, é impulsado polo desexo de facer bailar á xente. Peces Raros propón un show en- continuo en modo set, que dialoga de maneira transversal coas formas propias da era dixital. Con 4 discos de estudo editados “No Gracias” (2014), “Parte de un Mal Sueño” (2016), “Anestesia” (2018), “Dogma” (2021). DOGMA, o seu novo material, chega como un crebe. A electrónica gañou o round sonoro e abre a porta a unha estética de pulcritude.

Unha música de deseño onde a canción retoma o protagonismo e propón o tempo da música. Neste espazo de estudo/laboratorio Peces Raros atopa a ferramenta para potenciar a canción, brindando a cada unha delas o seu propio peso específico. Así é como se configura un álbum versátil de 10 cancións singulares unidas por un fío invisible: DOGMA é tanto un son como unha forma de facer cancións e para Peces Raros un novo paso no seu inquieto camiño. En 2022 lanzaron xunto a Trono CICUTA REMIX, chegando a máis de 1millón de escoitas en menos dunha semana. Despois chego “Cerca”, “En efecto” e o EP de remixes “Desconfiguración, Vol.3”.