The Son of Wood

MAESTRO ESPADA

Maestro Espada

Maestro Espada nace do reencontro de dous irmáns que, tras separar as súas traxectorias en Barcelona e Madrid, decidiron volver facer música xuntos explorando un lugar tan íntimo como universal: a esquecida música tradicional da súa horta natal.

Na súa proposta conviven as castañetas e a distorsión, os laúdes e os samplers, o legado e a vangarda, dando forma a unha linguaxe propia onde o respecto ás raíces consiste en levar esa emoción de forma libre a un novo territorio sonoro.

A súa música é unha viaxe no que a fraxilidade se entrelaza coa brutalidade, o popular co contemporáneo e o ortodoxo co imaxinativo. Coa inspiración das cuadrillas murcianas como auténticos gardiáns da tradición, Maestro Espada forxou un fenómeno musical que dilúe as fronteiras do tempo e o espazo, cos ecos da horta murciana reverberando nun sorprendente show en directo que expande os camiños abertos no seu disco debut, ‘Maestro Espadaʼ, que foi producido por Raül Refree e que figura invariablemente no top de discos nacionais da prensa xeneralista e especializada.