LODE

O futuro do xénero urbano

LODE é o futuro do xénero urbano. Cun estilo versátil e multidisciplinar, o artista galego está abraiando ao seu público pola gran combinación nas súas composicións de sons actuais e bailables cunha gran voz. Tras o seu éxito en redes sociais e o seu paso por programas televisivos como La Voz ou El Hormiguero, o de Narón presenta un ambicioso proxecto no que conflúen o seu talento como cantante coa posta en escena que desprende grazas ás súas capacidades como bailarín. A súa presenza non pasou desapercibida dentro da industria musical, sendo apoiado por grandes figuras do panorama internacional e nacional como Juanes ou Álex Ubago.

Actualmente, o cantante, bailarín e compositor está preparando o seu novo traballo discográfico, que verá a luz este ano baixo o formato de EP e que conta xa cos adiantos de Carita de Ángel, Tres Tragos, TKILA, Recuerdo, Engaño e Malo será. A presentación deste novo proxecto do artista tivo lugar o domingo 4 de maio nun dos mellores recintos de concertos de Galicia, a histórica sala Capitol de Santiago de Compostela, amosando o potencial do mesmo. Nel deixou patente a súa versatilidade e capacidade vocal, aos que se lles sumou o seu talento coreográfico e posta en escena, nun espectáculo nunca antes visto no xénero urbano en Galicia, e que o levará a un dos grandes festivais de Galicia, o BIGSOUND Pontevedra.