LAMONTAGNE & PICOAMPERIO

Un crossover entre versos medievais recitados sobre bases de hip hop, moito flow e tintes de contracultura 

Alí onde se fusionen a vangarda e a tradición atlántica estará sempre o punto de encontro de LaMontagne & PicoAmperio, capaces de establecer pontes coas músicas e literaturas de antano traéndoas de volta ao presente a través de sons futuristas e tecnolóxicos.  

Sempre armados coa tradición galego-portuguesa das “cantigas de amigo”, o seu imaxinario electrónico destrúe fronteiras temporais e estilísticas e abre novos camiños neste proxecto multiforme a través do hip hop, a abstracción ambient, o folclore, melodías suaves, atmosferas rascadas ou incorporando a world music. O eterno loop do son atlántico. 

Recontextualizando a lírica de Rosalía de Castro, Luz Fandiño, Xela Arias, Fernando Pessoa García Lorca, dos trovadores Martín Códax, Airas Nunes de Santiago e Alfonso X ou coas súas creacións propias a voz de Lamontagne e os loops de PicoAmperio fan que o público se teletransporte a un universo híbrido, único, hipnótico e, sobre todo, absolutamente magnético.

Din deles…

“Un arco da vella trufado de cores hip hop, abstracción ambient, folclore medieval, sensibilidade india e toda caligrafía musical que invoque camiños abertos cara á excitación do inaudito. Unha experimentación reposada no universo hip hop do productor PicoAmperio, o seu aliado para armar pontes a latitudes musicales que conforman un labirinto de sensacións baixo a consigna de Elixe a túa propia aventura”. 

Marcos Gendre (Colaborador de TiuMag, Rockdelux, Mondosonoro, El Salto) 

 

“Laura LaMontagne y Pedro Cuntín (…) van descubriendo un público sensible ante su propuesta, desde los que llegan a verlos con el flow puesto de casa a los abuelos emocionados ante esta tradición gallega reverdecida”. 

Chus Neira (El País) 

 

“Entre las batidas (beats), los sonidos ‘urbanos’ (a pesar de lo ligeramente hueco de esta etiqueta) y la utilización ingeniosa de letras y lírica, sobresalen artistas como la personalísima y diferenciada propuesta de LaMontagne & Pico Amperio: beats de hip y trip hop con cantigas tradicionales y/o medievales (Martin Codax, Airas Nunes…)”. 

Víctor Flores (Mixmag Spain) 

 

“Ya fuera desde la catarsis audiovisual de sus conciertos y la poderosa presencia escénica del scratching nebuloso de PicoAmperio, o desde el carisma magnético de Laura, han trazado una ruta de victorias por K.O. desde las murallas de Lugo hasta el Mediterráneo catalán (…)”. 

Atonal 

Traxectoria

Dende que Laura LaMontagne (Lugo, 1993) e Pico Amperio (Os Tilos, 1995) comezaron xuntos a súa andaina no 2019 xa levaron a súa personalísima proposta ata eventos de prestixio coma os ciclos MUBEA, o MMVV, o ciclo Vangal o o Monkey Week. Ademais, foron recoñecidos co Premio Martín Códax da Música ao mellor proxecto de “músicas urbanas” e acadaron o primeiro posto nas listas demoscópicas 2019 de Mondosonoro. O seu recente encargo como protagonistas do concerto oficial do Día das Letras Galegas de 2021, dedicado á poeta Xela Arias, e súa recente presenza en festivais coma o BAM, Cantos na Maré, Periferias ou Sinsal só dan boa mostra de que a súa imparable expansión é unha viaxe sen retorno que xa comezou. 

X