
LA PEGATINA
Música festiva dende Cataluña
La Pegatina é unha das bandas máis vivas, interesantes, inquietantes e inquedas do panorama musical europeo actual, cunha música festiva e cunha enerxía que pon calquera recinto patas para arriba.
De vez en cando un é capaz de orquestrar con éxito a súa propia revolución persoal como lle pasou á La Pegatina no seu último traballo “Ahora o Nunca” (2018). Está concebido dende a matriz da banda, macerado xunto ao mellor aliado posible, o produtor Rafa Arcaute, máis cinco colaboracións de luxo: Macaco, Rozalén, Los Caligaris, Will and the People ou Eva Amaral.
O cóctel de modernidade, frescura e improvisación, unido aos seus quince anos ao pé do cañón, máis de mil concertos en trinta países e sete discos, dan como resultado un sexto album de estudo rico en matices e tempos. O grupo abre novos horizontes sonoros sen perder a ninguén polo camiño.
Formación
Ruben Sierra – Voz
Adrià Salas – Voz
Ovidi Díaz – Percusión
Ferran Ibañez – Baixo
Axel Magnani – Trompeta
Romain Renard – Acordeón
Sergi López – Batería
Miki Florensa – Guitarra