JACOBO SERRA

Cantautor | Pop dende Albacete

Jacobo Serra, cantautor bilingüe de orixe albaceteña presenta o seu primeiro traballo discográfico en castelán, “Fuego Artificial”,
despois de lanzarse á música con dúas exitosas producións en inglés.

Comparóuselle con Rufus Wainwright ou The Beatles, pero co seu último disco móstrase algo máis contemporáneo, engadindo unha ampla gama de matices sonoros. Sen duda Jacobo Serra é na actualidade uno dos artistas con máis proxección e que mellores críticas colleita.

En 2019 continuará coa presentación deste último disco, que xa lle fixo pasar por grandes eventos como o Sonorama, Portamérica, VIDA ou abrir para 38.000 persoas o concerto de Vetusta Morla de Madrid.

Fuego Artificial Tour 2019

“Imaxinen un cadro contemporáneo de moitas cores diferentes, vivos e que ata soan. Admírano desde a distancia, agrádalles pero non saben exactamente a razón. Deciden achegarse un pouco máis, abrir ben os ollos, os oídos, tocalo: está asinado por Jacobo Serra. “Fuego Artificial” é un disco concibido como un cadro abstracto que nace dun final, que comeza despedindo ao inverno e que navega entre as catro estacións”

Descrición

“Jacobo Serra é un cantante,
guitarrista e compositor que se
move entre a exquisitez e a
beleza tímida. O seu son flirtea co
pop e o folk-rock, sempre desde
unha óptica anglosaxoa. Pero o
que máis sorprende é a
desbordante sensibilidade que
se escapa polas costuras dunhas
cancións melódicamente
impecables e tecidas co fío da
emoción. Non esaxero: Jacobo
Serra é moi bo. Poderano
comprobar escoitando os seus
discos.”
(Jam Albarracín, La Verdad)

Vindeiros concertos de Jacobo Serra