García Mc & Nación Quilombo

“Arquipélago Quilombo” novo disco en 2022

García Mc inaugura o 2022 convidándonos a viaxar ata o “Arquipélago Quilombo” no que é o seu segundo disco en solitario. O rapeiro reivéntase para traernos co novo ano unha estimulante travesía polas dez illas do seu arquipélago a través de dez temas nos que colabora con artistas como Nastasia Zürcher, Cynthia Montaño, High Paw, Digo, Diego, Gatopersa, Javier Vicalo, etc.

“Arquipélago Quilombo” arrecende de principio a fin a puro eclecticismo integrado con maestría nas músicas do mundo. Dos que García viviu e tamén coñeceu. Reggae, latin, hip hop… e a palabra como centro, todo fiado con maestría nunha inmersión absoluta con beats, os ritmos da banda Nación Quilombo, cancións ao vivo, un remix e un dub de extras.

“Con este traballo rexurdín das miñas cinzas para navegar os sete mares. Non deixedes de facer esta viaxe musical ate o “Arquipélago Quilombo”, onde a morte se converte en vida!”, García Mc.

Nación Quilombo

Nación Quilombo é o froito de máis de 20 anos de traxectoria musical deste referente indiscutible da cultura hip-hop en Galicia. García Mc foi parte de iniciativas recoñecidas en España como Dios Ke Te Crew, onde participou activamente ate 2016. Tamén formou parte de Labregos do Tempo dos Sputniks ou Ghamberros. Musicou poemas de Celso Emilio Ferreiro en clave rapeira, é colaborador da Banda Xangai e leva máis de 15 anos exercendo como pedagogo independente impartindo obradoiros e cursos de rap para así crear conciencia e valores entre adolescentes.

Agora sorprende cun espectáculo innovador á fronte da Nación Quilombo, unha banda que combina ritmos do mundo coa palabra como centro.

Discografía

GARCÍA MC & Nación Quilombo

2022 Arquipélago Quilombo

2019 Danza Sagrada (Single clip)

2019 O Espello (Single clip)
2019 “Deitado Frente ó Mar” ft. Alejandro
Vargas (Video Live)
2017 “É a Partida” (single clip)

GARCÍA MC

2018 “Somos Unha Mensaxe” Ft. Cynthia
Montaño, Digo Diego & High Paw (Single
clip)
2018 “20 Anos De Palabra Que Anda”
2017 “V Aniversario Abaixo E De Pé-Dj
Mil Remixes”
2017 “Cleptocracia” Ft. GatoPersa
2013 “Abaixo e de Remix”
2013 “Abaixo e De Pé

Vindeiros concertos de García Mc & Nación Quilombo

X