ESTHER ESTÉVEZ

A nova gran estrela do audiovisual galego

Esther Estévez é unha das grandes figuras dos últimos anos nas redes sociais e o audiovisual galegos. Dende a súa irrupción nas redes da Televisión de Galicia o seu ascenso é meteórico, aportando un toque fresco e risoño á corporación pública. Dígocho Eu, programa en redes sociais que dirixe, xa acumula decenas de millóns de visualizacións, millóns de “me gusta” e medio millón de seguidores entre as distintas plataformas. O éxito do programa entre a rapazada máis nova levouna a gañar un dos premios máis relevantes do audiovisual galego, o Premio Mestre Mateo á Mellor Comunicadora, galardón que recolleu tanto no 2022 como no 2023, sendo a máis nova da historia dos premios en recibilo. 

Dentro do éxito na TVG, Esther destaca pola súa versatilidade, xa que, sendo unha das caras públicas máis novas da corporación, pasou de protagonizar vídeos e presentar programas en redes a presentar programas de máxima audiencia na televisión, como son  Luar (o máis exitoso da grella da cadea) ou Tal SementeParticipando en programas de renome dentro grella da Televisión de Galicia, camiña agora cara novos camiños no audiovisual, formando parte do elenco dunha serie que verá a luz neste 2026 

Esther érguese como referente da dinamización lingüística do galego entre a xente máis nova, liderando unha xeración de comunicadores que están a renovar o panorama audiovisual. Todo isto eleva á verinense ao status de figura de renome dentro de Galicia, destacando como referente na creación de contido para redes sociais en galego e como presentadora habitual de programas, galas e eventos. Todo isto respaldou a súa elección en recoñecementos como o Premio Álvaro Iglesias e ou Premio Lois Peña Novo pola súa contribución á difusión do galego.