
ELSA MUÑIZ
a revolución que achega a música clásica ao público xeral
A vida de Elsa Muñiz é a da pianista que mudou as tornas, que quixo ver máis alá e que foi quen de reinventarse para atopar unha nova forma de facer máis accesible a música clásica. Coas súas obras superando os dous millóns de escoitas, un libro publicado sobre o xénero musical do que ela é expoñente e varias pezas audiovisuais achegando a música clásica a localizacións insólitas como unha batea, Elsa conságrase como a artista polivalente que ven a revolucionar o panorama instrumental clásico. Creadora de atmosferas únicas, delicadas e elegantes, Elsa é capaz de ambientar calquera evento co seu virtuosismo.
Con máis de seiscentos mil oíntes repartidos arredor do mundo, máis de dous millóns de escoitas nas súas cancións e concertos en salas nacionais e internacionais, Elsa é, ademais dunha das grandes referentes do seu xénero, unha pioneira. Súa é a autoría do xénero “pianotelling”, onde combinan as instrumentais clásicas para piano e os microrrelatos. Desta forma, o afastamento existente entre o público xeral e a música clásica disípase e faise accesible, democratizando así o entendemento do propio xénero.
É a renovación da música instrumental clásica en persoa, o elemento democratizador que precisaba o xénero, un aire fresco que viu para conectar dous mundos que nunca foron da man.