The Son of Wood

CHIQUITA MOVIDA

Chiquita Movida é a nova banda que reúne a Rayden, Mediyama e Skiz Siete nas voces, acompañados por Babe (guitarra, secuencias e teclados), Jhonny (baixo) e Jona (guitarra), dando forma a unha proposta fresca, cunha identidade propia e que, sen dubidalo, dará de que falar.

A banda xa anunciou as súas primeiras datas onde presentará o disco en directo en Madrid, onde conseguiron colgar o cartel de sold out en poucas horas, e en Santiago de Compostela.

O disco vén acompañado dun documental concibido como unha extensión audiovisual do proxecto musical e continúa o ronsel de «Gastos de Gestión», con cancións que soben o ánimo nos días máis grises, altas doses de ironía e letras que non piden permiso nin perdón, enerxía que, sen dúbida, verase reflectida nos seus directos.