CARAVAN PALACE

Chronologic Tour

Caravan Palace é unha coctelera de imparable electro swing con marcado acento parisiense que nos transporta a un caleidoscopio de épocas e estilos onde Django Reinhardt pode convivir tranquilamente con Daft Punk.

A finais de 2015 publicaron “Robot Face”  <I°_°I>, creado no seu estudo parisiense onde os pioneiros do electro fusionan house hedonista e jazz de vella escola, <I°_°I> evoca o espírito dun quinteto modernista propio do club máis punteiro de Francia.

Os instrumentistas e auténticos magos no estudo Charles Delaport, Hughes Payen, Antoine Toustou e Arnaud Viario xunto con Zoe Colotis, Camille e P-M crearon unha cama sonora retro-futurista pensada para asaltar as pistas de baile de todo o planeta.

Caravan Palace atópanse nestes momentos virando con Chronologic Tour por todo o mundo, visitando as principais cidades europeas, levando o electro swing a cada sitio ao que van.

Vindeiros concertos de Caravan Palace

X