BEGUT
Un diez en lo emocional
Begut presenta o seu primeiro álbum, Un Diez en lo Emocional, unha colección de cancións honestas, íntimas, irónicas e cinematográficas na que cada track convértese nunha postal emocional.
A través delas, a artista achéganos ao seu universo e lévanos da man nun camiño de aceptación e coñecemento persoal. Un Diez en lo Emocional é unha viaxe pola primeira metade da vintena, uns anos nos que todo é cambio e vórtice.
No medio dese bulebule de experiencias e emocións, Begut (ou Bea) lémbranos que o que nos fai diferentes é o que nos fai especiais.
Da man da súa banda, anímanos a celebrar quen somos e a gritar ao grande frases como “sé que tu madre piensa que soy rara”; “no soy de aquí soy de Marte”, “si en verano solo quiero sombra, si contigo prefiero estar sola” ou “NO LO ENTIENDO!”.