BALKAN PARADISE ORCHESTRA
Game Sessions Tour
En 2026 Balkan Paradise Orchestra inicia a xira de concertos Game Sessions Tour, cunhas primeiras datas de estrea en Barcelona (Festival Empremtes), Madrid (Sala Villanos), Zaragoza (Sala López), Torrent (Brassurround) e Reus (Super Folk Festival).
As integrantes de BPO inspiráronse nos sons máis bailables do seu último EP de 2025, “Game Sessions Vol. IIˮ que inclúe remixes do álbum Nèctar con colaboracións de diversos artistas como Tanxugueiras (Galicia), o dúo de DJʼs Apelika (Marrocos), Querbeat (Alemaña), Wukamash, (Colombia), Raghu Dixit (India), Arnau Altimir e DJ Trapella (Cataluña).
O novo espectáculo parte dunha selección das cancións orixinais máis enérxicas de BPO —tanto do último álbum como de anteriores— e inclúe tamén algunhas versións que lle achegan un toque aínda máis festivo. E, como non podía ser doutra maneira, mantén o selo persoal das barcelonesas: unha fusión de estilos que vai do balkan brass ao pop ou a electrónica, música instrumental con algunhas partes vocais e un directo moi potente con coreografías, cargado de alegría e capaz de transmitir ganas de bailar e pasalo ben a todo tipo de público.