AMPARANOIA

World Music dende Cataluña

Pensar en Amparanoia é pensar en explosión musical e en temas que forman parte da banda sonora vital de toda unha xeración.

Revolucionaria musical, estandarte internacional da fusión, premiada pola BBC, Amparo Sánchez é unha artista sempre comprometida que se caracteriza pola enerxía do seu directo, pola alegría que transmiten as súas letras e pola súa valentía á hora de mesturar diferentes tipos de sons: blues, soul, boleros, rancheiras, rumbas, música popular suramericana. A cantante e compositora con maior versatilidade que deu este país.

A paranoia de Amparo…

Amparanoia é un proxecto musical de Amparo Sánchez, unha das voces máis típicas de España. A paranoia de Amparo é a música, os seus discos déronnos a impresión de penetrar polas
músicas do mundo. A crítica nace da súa orella atenta e o seu corazón sempre á escoita, e por medio da música, expresa a
súa realidade e dedice loitar por un mundo máis xusto.

Formación

Amparo Sánchez: voz e guitarra
Carmencita Niño: baixo e coros
Daniel Tejedor: batería
Vesco Kountchev: viola
José Alberto Varona: trompeta
Flor Inza: percusión e coros
Angie: piano e coros
Willy Fuego: guitarra e coros

Vindeiros concertos de Amparanoia