ALIZZA
A voz do futuro do pop e R&B estatal
Fusionando sons do pop alternativo e R&B contemporáneo xorde a figura de Alizza, unha das voces emerxentes máis prometedoras da escena. Con sensibilidades introspectivas, a artista madrileña constrúe atmosferas envolventes que se complementan con letras intimistas para servir de voz ás novas xeracións. Irrompendo con forza no panorama, Alizza faise oco con producións modernas e traballadas que se afastan do establecido con personalidade.
Tras os seus primeiros sinxelos publicados, nos que traballou man a man na produción dos temas xunto ao seu pai, Pulpul, cantante da banda Ska-P, a artista ven de presentar a súa nova etapa musical. Con 6 novos sinxelos que afianzan a aposta da artista por un estilo no que a emoción e a potencia vocal son claros protagonistas, Alizza comezou o 2026 cun sold out na sala Siroco de Madrid, na súa presentación en vivo desta nova etapa no festival Inverfest. Un ilusionante comezo que afianza a súa condición como un dos grandes talentos da escena emerxente estatal.