ZEA MAYS

Máis de dúas décadas renovando o pop–rock en euskera

A banda bilbaína Zea Mays conxuga a pétrea tradición vasca coa sutileza do pop-rock contemporáneo, dando corpo a unha proposta musical única, na que finas melodías de guitarra e coidados toques de sintentizador e teclado se mesturan sobre
unha potente e elegante base rítmica para arroupar a poderosa voz de Aiora Renteria. Unha front girl de armas tomar, que atrapa ao público desde o primeiro momento coa enerxía e coa sonoridade das letras en euskera.

Zea Mays fai bandeira da súa identidade cun último traballo que leva o orgullo, Harro, no nome, para non chamar a enganos. A banda vasca chama a resistir o temporal e saír a flote, a recoñecer a fortaleza que dan o amor e a amizade e a reconciliarse con esa parte da humanidade na que hai tempo que perdemos a fe. E faino con desgarradores riffs e elegantes liñas de guitarra que ceden protagonismo aos sintetizadores, con potentes bases rítmicas que animan a bailar e con melodías escuras que dan paso a cancións emocionantes e luminosas como o hit “Negua joan da ta”, que leva máis de 4 millóns de reproducións en Youtube.

“20 Años y Orgullosos Tour 2019”

Dave M. Allen, produtor dos seus últimos álbums é coñecido polos seus traballos con The Cure, Depeche mode, Neneh Cherry ou Reptile youth “Zea mays 20 urte”, último traballo, é un recompilatorio dos seus grandes éxitos remezclados por diferentes bandas e djs , como o Txef-A, Belako, Grises, WAS, Revolta Permanet, Mamba beat…. Este CD-DVD conta con 3 cancións xunto á Orquestra Sinfónica de Euskadi dirixida por Fernando Velazquez, premio Goya por “Un Monstruo viene a verme”.

No 8º disco “ Harro”, destaca a colaboración vocal de Santi Balmes ( LOVE OF LESBIAN) , cantando en euskera na canción “ Orain”

Formación

Asier Basabe – Batería
Rubén Gonzalez – Baixo
Piti Imaz – Guitarra
Aiora Renteria – Voz

Discografía

2017 20 Urte
2016 Harro
2000 Elektrizitatea
2007 Morphina
2002 Harrobian
2010 Era
2013 Da
2005 Sortuz, Grabitatearen Aurka
1998 Zea Mays

Vindeiros concertos de Zea Mays