
Youssou NDour
Con 24 anos Youssou parte á conquista de Europa. Telonea a Jacques Higelin no Festival Printemps de Bourges e toca con Mory Kante na serie de concertos que este dá no Palacio de Deportes de París (Bercy) durante un mes. En 1987, Youssou NDour toca xunto a Peter Gabriel no Madison Square Garden de Nova Iork. Ao ano seguinte participa na xira de Amnistia Internacional, “Human Rights Now”, rodeado de estrelas de fama internacional como Sting, Peter Gabriel, Paul Simon ou Tracy Chapman, Youssou, “Lle Petit Prince de Dakar” convértese nunha figura mundial da música. O seu éxito “7 seconds”, con Neneh Cherry, asenta a súa reputación internacional.