THE DUBBEEZ

Nova banda de reggae que nos transporta desde Amstedam a Xamaica. The Dubbeez, este grupo holandés, demostra que o bo reggae é eterno. Este sexteto está a devolvernos, de forma moi convincente, as raíces clásicas do Reggae aos nosos días. O seu paso aos grandes escenarios dérono tocando na Final do Internacional World Reggae Contest, no Ostrada Reggae Festival.

Co ritmo firme, grazas á máquina formada polos irmáns Earl (batería) e Olivia (baixo), The Dubbeez constrúen sobre unha base sólida as súas propias composicións: cancións de reggae cun aire vintage, que collen o mellor do reggae clásico e transpórtano aquí e agora.

“Peace, Love & Dub”

O 29 de xaneiro de 2018 presentaron o seu álbum, “Peace, Love & Dub” coa discográfica V2 Records & Tuff Gong Internacional. Gravado en Tuff Gong e Anchor Studios en Kingston (Xamaica) coa produción de Sam Clayton e Stephen Stewart, e gravacións e mesturas adicionais en Earth Works con Ben King (Amsterdam), mostran triunfalmente que o reggae aínda ten un potencial universal.

Vindeiros concertos de The Dubbeez