THE CRAB APPLES

Rock dende Cataluña

Apesar da súa curta idade, levan máis dunha década tocando xuntos. O que empezou como un proxecto entre amigos, con ganas de facer cancións, foi crecendo, colleu forma e aos poucos
converteuse no sólido grupo que agora demostra o seu incesante auxe, a través dun envolvente, orgánico e á vez
sofisticado directo.

A Drastic Mistake Tour 2019

Despois do seu disco debut “Right Here” (Discmedi, 2014), de presentar por toda a península o seu EP “Hello Stranger” (Discmedi, 2016) e actuar xunto a grandes bandas como The Beach Boys, Nada Surf, Sidonie ou L.A., presentan o seu segundo longo “A Drastic Mistake” (Hidden Track, 2018).

“A Drastic Mistake” é sen dúbida un punto de inflexión na súa carreira; con el, a nova e feminina banda consegue destacar pola súa evolución creativa e escénica, e conseguiron abrir portas ao gran público grazas ás súas actuacións en festivais como o Primavera Sound, VIDA, Gigante, SanSan ou EmpowerMusic entre moitos outros.

Formación

Carla Gimeno – voz, guitarra
Laia Alsina – guitarra eléctrica
Laia Martí – baixo
Mauro Cavallaro – batería

Vindeiros concertos de The Crab Apples