RODRIGO Y GABRIELA

Mestres do rock acústico, Rodrigo e Gabriela están de volta co seu álbum: “9 Dead Alive”.
O álbum foi gravado e producido por Rod & Gab no seu estudo en Ixtapa, México. A mestura realizouse en Los Ángeles por Andrew Scheps (Black Sabbath, Adele, Metallica, Lana Del Rey,…).

“9 Dead Alive” mostra a Rodrigo e Gabriela compoñendo cara a cara, un duelo de guitarras cheo de enerxía melódica e invención rítmica. Gravado no seu escondite da Costa do Pacífico a finais do verán, o álbum captura a calidez e espontaneidade de dous grandes músicos improvisando e creando preciosos riffs xuntos; perfectamente destilado en 9 novas cancións repletas de paixón, elegancia e bo gusto.

O anterior álbum de Rodrigo e Gabriela é de 2009 “11:11”. Dende entón colaboraron nas bandas sonoras de “Piratas do Caribe” e “O Gato con Botas”, tamén visitaron A Habana para gravar cunha orquestra cubana “Area 52”. E non pararon de percorrer o mundo, tocando e enchendo estadios dende Estados Unidos ata Europa.

“9 Dead Alive”, o disco

Cada unha das cancións do álbum é unha homenaxe persoal a celebridades que faleceron, pero a través dos seus feitos e palabras aínda resoan no século XXI. Facendo un repaso desde Leonor de Aquitania (1122 – 1204) a Viktor Frankl (1905 – 1997). Esta diversa e fascinante elección de temas mostrará unha vez máis a paixón da parella sobre os dereitos humanos, a literatura, a historia e a filosofía.

Vindeiros concertos de Rodrigo y Gabriela