RESIDENTE

René Pérez Joglar (23 de febreiro de 1978 en Hato Rey, San Juan, Puerto Rico), tamén coñecido polo seu alcume “Residente”, é un rapeiro, compositor e produtor portorriqueño. Cofundador e vocalista de Calle 13.

As súas letras recoñécense por ser de contido social e político, e a súa música por combinar a música do mundo co rap alternativo.

Como líder de Calle 13 gañou 25 Grammys, convertíndoo no latino con máis megáfonos dourados adquiridos pola súa música. Estudou arte durante 8 anos e traballou como director en algúns dos seus vídeos musicais.

Recibiu recoñecementos polo seu compromiso social, ademais de ser a cara en campañas de UNICEF e Amnistía Internacional. Foi un constante defensor da educación latinoamericana e os dereitos dos indíxenas. Foi censurado no seu país por insultar públicamente ao gobernador de Puerto Rico tras despedir a máis de 30 mil empregados públicos. En novembro 2015 Residente recibiu o Nobel Peace Summit Award en Barcelona polo seu compromiso coa concienciación social e por promover a paz.

Vindeiros concertos de Residente

X