PETER BENCE

Nacido en 1991, o compositor e produtor húngaro comezaba a tocar o piano á idade de dous anos, e cinco máis tarde xa presentaba a súa primeira composición fortemente influenciado polos clásicos de Mozart e Chopin.

O prodixioso pianista é famoso en todo o mundo grazas aos vídeos publicados na rede cos seus coñecidos hits da música pop, alcanzando máis de 250 mil millóns de visitas entre YouTube e Facebook. Sen dúbida, Peter Bence é outro dos exemplos de músicos que atopan saída ao seu virtuoso talento nas redes sociais, conseguindo así a notoriedade que merecen.

Da man da vangarda

O mozo pianista logrou destacarse grazas ao seu estilo vangardista e expresivo, conseguindo romper os límites entre a música clásica e popular. Leva o piano a un nivel completamente novo, que inspira a xeracións de músicos e amantes da música tanto novas como maiores. As súas actuacións en vivo están a atraer a miles de persoas en todo o mundo e durante o pasado ano percorreu máis de 20 países en 4 continentes.

En 2017, Peter  Bence foi o encargado de abrir os concertos da BBC Proms en Hyde Park, Londres, para 50.000 persoas. E en maio de 2018, visitou o noso país para demostrarnos o seu talento.

Vindeiros concertos de Peter Bence